Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O novo goberno de Gondomar destapa débedas de 1 millón de euros en facturas

Correo-e Imprimir PDF

A análise económica financieira levada a cabo polos novos membros da corporación municipal de Gondomar liderada polo nacionalista Antonio Arauxo, sacaou á luz recentemente un "buraco" financiero das arcas municipais que só presentan débedas, tanto en facturas pendentes de pago como nas arcas da tesourería municipal.

A seguridade viaria mellora no polígono de Vincios ao restrinxir o acceso

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar variou a sinalización no polígono industrial co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e previr accidentes. Os cambios consisten en facer que só entren no parque industrial aqueles vehículos que o precisen para operacións de carga ou descarga ou calquera outra xestión coas empresas que están alí instaladas.

Pide multas para os acusados de cinco veces o que querían gañar

Correo-e Imprimir PDF
Os dous supostos cerebros da trama de corrupción urbanística de Gondomar trataron de lograr case un millón de euros por favorecer os plans urbanísticos que tres promotoras pretendían realizar na localidade do Val Miñor, tal e como desvelou en febreiro pasado La Voz.

A Fiscalía non encontra indicios de financiamento ilegal de partidos no caso urbanístico de Gondoma

Correo-e Imprimir PDF
Ex- concellal de urbanismo, Alejandro Gómez Garrido.Os dous concelleiros do grupo municipal popular de Gondomar implicados no caso de suposta corrupción urbanística destapado o pasado mes de febreiro trataron unicamente de enriquecerse persoalmente co diñeiro solicitado a tres promotores, segundo considera probado o Fiscal.

Os dous ex edís de Gondomar acusados de suborno enfróntanse a 4 millóns de multa

Correo-e Imprimir PDF
Os dous ex concelleiros do goberno de Gondomar José Luís Mosquera e Alejandro Gómez, así como a noiva do primeiro, Belén Fernández, e o arquitecto vigués Borja Ramilo, non irán a prisión pero deberán facer fronte a multas millonarias que suman en total case 5 millóns de euros se son condenados polos delitos de suborno que lles imputa a Fiscalía de Ordenación do Territorio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL