Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Unión Fenosa cualifica de "normal" o corte de luz que durou dez horas.

Correo-e Imprimir PDF
En Gondomar, 2500 fogares quedaron sen luz coincidindo coas primeiras choivas de outono. Houbo dous apagóns en menos de 24h por un problema nas liñas entretransformadores en Peitieiros. A culpa parece ser, de varios fusibles queimados. Por outra banda, Unión Fenosa cualifica de "normal" o corte de luz que durou dez horas. Ver video TVG

O PSOE considera lesivo o convenio da gardería en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Alfonso de Lis, portavoz dos socialistas de Gondomar, manifestou que o seu grupo municipal abstívose na última sesión plenaria á aprobación do funcionamento da gardería municipal, porque considera que "o convenio con Vicepresidencia era lesivo para os intereses dos cidadáns de Gondomar".

A Fundación San Rosendo intenta recalificar e urbanizar unha leira de 7.500 metros en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
 A fundación intenta recalificar e urbanizar para vivendas outra leira de 7.500 metros cadrados en Gondomar que tamén pertenceu á Fundación Fernández Pereira, absorbida pola San Rosendo en 2002. Os herdeiros da familia Fernández Pereira renegan agora desa integración. Cos beneficios de ambas operacións, a fundación pretende financiar "un gran balneario" en Ourense.

O PP insta ao alcalde de Gondomar a formalizar ou pacto de goberno

Correo-e Imprimir PDF
O PP de Gondomar fai, a través do seu voceiro, Carlos Silva, un chamamento ao entendemento entre partirdos «que teñen na súa man» a maioría. Así, Silva asegura que «BNG ten que chegar a un consenso coas formacións que considere oportuno polo ben de Gondomar» e pide ao alcalde Araúxo Quintas que cumpra «dunha vez» coa súa palabra, «xa que na toma de investimento dixo que Gondomar tería pacto».

O Concello de Gondomar denunciará a agresión a un cámara no pleno

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Gondomar estuda a posibilidade de presentar unha denuncia contra a veciña que agrediu a un cámara durante o pleno que se celebrou o pasado xoves.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL