Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Gondomar inicia o seu entroido

Correo-e Imprimir PDF

O concello de Gondomar incia hoxe os actos de celebración do entroido de este ano. Os actos que pecharán co entero da sardiña o domingo 10 febreiro, comezan hoxe ás 11 da mañá cun desfile Escolar de comparsas dos Colexios Públicos e Institutos de Ensino Medio do Concello de Gondomar, polas principais rúas do casco urbán.

Regueifas e entroido en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Un ano máis Gondomar será o centro do Entroido miñorano, recén saídos das festas do Nadal, Gondomar xa ten todo en marcha para a súa tradicional celebración da festa da loucura por excelencia, que este ano cae por San Brais, a primeira romaría do ano, que ten lugar na parroquia de Mañufe.

Firmas en Gondomar por unha adecuada rede eléctrica

Correo-e Imprimir PDF

Os cortes de luz tamén son consecuencia do mal tempo no Val Miñor. Ben o saben no municipio de Gondomar, onde levan anos soportando continuos cortes no fluído eléctrico por culpa das tormentas e da obsoleta rede de subministración dalgúns barrios. As parroquias de Morgadanes, Peitieiros, Chaín e Couso son as máis afectadas. O pasado mes de novembro chegaron a estar catro horas sen luz nun fin de semana.

BNG e PSOE danse un mes para chegar a un pacto de goberno en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
As conversacións para alcanzar o pacto de coalición de goberno en Gondomar vivirán hoxe a súa primeira xornada crave. As comisións delegadas de nacionalistas e socialistas entrarán de cheo na difícil tarefa de limar asperezas e evitar o desencontro que se produciu tras as negociacións posteriores ás eleccións municipais, que deixarían, a posteriori, ao BNG gobernando en minoría.

PSdeG e BNG retoman hoxe as negociacións para chegar a un pacto de goberno en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O PSdeG e o BNG retomarán hoxe as negociacións, logo de varios meses sen avances, para intentar chegar a un pacto de goberno no Concello pontevedrés de Gondomar, e as súas respectivas comisións negociadoras reuniranse a partir das 21.30 horas. Segundo confirmaron fontes nacionalistas, os contactos entre ambas formacións políticas "nunca se abandonaron" desde que, nas pasadas eleccións municipais, os gondomareños retiraron a súa confianza do PP, que perdeu a maioría absoluta, facilitando un goberno de progreso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL