Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Denuncian o afundimento e mal emparchado do camiño de acceso á Paraboa en Chaín..

Correo-e Imprimir PDF

acceso paraboaDende Gondomar Concello Aberto (GCA) denuncian a situación de indefensión fronte o Concello que viven os vecinos e veciñas de Paraboa (Chaín) e os barrios da zona por mor do perigoso estado da estrada en pendente que fai de acceso aos seus barrios dende a estrada Gondomar-Vincios. Advirten da existencia de varias denuncias da veciñanza da Paraboa presentadas no rexistro municipal sobre o mal estado da estrada, "que coa choiva afundiuse pola pendente lateral que linda coa empresa Hormingones Gondomar", sinalan.

Un aterramento ilegal de escombreiras ocupa o fondo do falido tanque de tormenta en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

escombreira-as-garzasA maiores, o edil nacionalista non adscrito,Pauliño del Río, autor da denuncia, sinala a existencia dunha canle de augas fecais que dende ese espazo fronte á urbanización As Garzas, vai desembocar no río Miñor co conseguinte perigo á saúde pública, a mais das molestias dos cheiros a veciños e viandantes.
"Hai uns días venderon (o goberno de Gondomar) a 'bombo e platillo' a solución ao famoso 'Tanque de Tormentas', problema que eles mesmos crearon en comandita coa Xunta de Galicia, anunciando que ante a pasividade da administración autonómica, procedían ao aterramento do mesmo. Era un novo timo á cidadanía", acusa o edil nacionalista.

Entidades sociais de Gondomar transmiten aos partidos políticos a necesidade de participación veciñal na vida municipal

Correo-e Imprimir PDF

A Coordinadora Veciñal de Gondomar achegou este escrito ás organizacións políticas " co obxectivo de que asuman o seu contido de cara á vindeira convocatoria electoral municipal". Transcrición da proposta:
PROPOSTAS DE MÍNIMOS PARA A PARTICIPACIÓN VECIÑAL NA VIDA MUNICIPAL
Co obxecto de evitar o escurantismo, ocultación de información e xestión particular da vida municipal, en recoñecemento do dereito da veciñanza a una información accesible, clara e veraz, a Coordinadora de Entidades Veciñais de Gondomar (CEVG) propón ás organizacións políticas de Gondomar que asuman un papel de responsabilidade na gobernanza e de transparencia na relación coas veciñas e veciños que se traduza na participación veciñal na vida municipal como ferramenta democrática da relación social no ámbito municipal.
Deste xeito, elabóranse estas propostas de mínimos que consideramos necesarias para que a veciñanza se sinta partícipe da vida diaria municipal, máis alá da representación plenaria e do propio goberno municipal.

IXG: “O noso compromiso é Gondomar, só Gondomar”

Correo-e Imprimir PDF

candidatura-ixg2015Nun claro entre as chuviscas da mañá deste sábado tivo lugar a foto oficial da candidatura liderada polo concelleiro Manuel Gómez González de Iniciativa por Gondomar. Reunidos no Campo da Feira, Gómez presentou algúns dos novos compañeiros de fórmula cara ás municipais de maio, entre eles á sindicalista da automoción, Beatriz Fernández Alonso (Vincios), número 2 da lista. Tamén a Javier Gregores Méndez, (3º lugar) como candidato de IXG á Entidade Local de Morgadáns á que presidiu durante 3 mandatos consecutivos na décadas dos '90 coincidindo daquela na candidatura do alcalde Moncho Sestelo.
Acompañará a Manuel Gómez a empresaria María Yolanda Santos López (Gondomar), quen presidira até o ano pasado a asociación de mulleres rurais do concello (4º lugar.) Eladio Bargiela Durán (Donas), secretario do ex alcalde Martín Urgal, e membro da xestora local do PP até a chegada de Fernando Gutián en 2011, acompaña a candidatura de IXG pechando a lista de titulares.

Dende o Manifesto Miñor advirten dos perigos do repintado da Xunta que reduce a estrada Gondomar – A Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

R0012760"Como se pode afirmar que a redución do ancho actual dos carrís existentes (redúcenos sobre 70cms cada un) vai diminuír a velocidade dos vehículos? Pola contra, o perigo será maior, invadindo as beiravías, cando dous vehículos pesados adianten un ao outro ou veñan de fronte", critica o edil non adscrito Antonio Araújo sobre a intervención de repintado da PO-340 que está a desenvolver a Xunta de Galicia cun orzamento total de 80 mil euros.
O actual candidato á alcaldía polo Manifesto Miñor, advirte que a seguridade que anuncia a Xunta "pode converterse nunca trampa mortal para peóns e ciclistas, toda vez que van confiar nunca zona protexida que non será tal".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL