Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar Dende o Manifesto Miñor advirten dos perigos do repintado da Xunta que reduce a estrada Gondomar – A Ramallosa.

Dende o Manifesto Miñor advirten dos perigos do repintado da Xunta que reduce a estrada Gondomar – A Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
R0012760

"Como se pode afirmar que a redución do ancho actual dos carrís existentes (redúcenos sobre 70cms cada un) vai diminuír a velocidade dos vehículos? Pola contra, o perigo será maior, invadindo as beiravías, cando dous vehículos pesados adianten un ao outro ou veñan de fronte", critica o edil non adscrito Antonio Araújo sobre a intervención de repintado da PO-340 que está a desenvolver a Xunta de Galicia cun orzamento total de 80 mil euros.
O actual candidato á alcaldía polo Manifesto Miñor, advirte que a seguridade que anuncia a Xunta "pode converterse nunca trampa mortal para peóns e ciclistas, toda vez que van confiar nunca zona protexida que non será tal".


Ironiza que a proximidade dos comicios municipais e "a desesperación do goberno do PP na Xunta, que tivo á Comarca do Val Miñor totalmente abandonada en cuanto a infraestruturas viarias nos últimos catro anos, fai que agora en plena efervescencia pre-electoral pretendan vendernos como a quinta esencia da seguridade viaria, unhas liñas brancas pintadas na estrada Gondomar-A Ramallo (un orzamento de 80.000€), que seica vai ser a seguridade total para peóns e ciclistas".
Lembra que trátase dunha estrada "cunha densidade de tránsito moi elevada, que ademais, pola zona por onde percorre ben se podería considerar como unha vía urbana. E ademais parte dese tránsito de vehículos e de vehículos pesados. En ambas direccións".
Engade que a Xunta anuncia "que as devanditas melloras permitirán unha maior seguridade para ciclistas e peóns. Pero non di se serán beiravías diferenciadas para peóns e para ciclistas, dado que o ancho das zonas previstas é mínimo".
"Unha vez máis a Xunta e o PP venden fume no Val Miñor, agora con risco para as vidas das persoas, sen resolver o verdadeiro problema desta estrada que pasa por realizar o proxecto redactado pola consellería da COTOP no ano 2008, cando o goberno bipartito da Xunta, e promovido pola Delegada da Consellaría Isabel Domínguez Quintas"
Salienta que ese era "un proxecto serio que recollía o carril bici perfectamente dimensionado, unha beirarrúa en todo o percorrido da estrada, rotondas nos accesos aos barrios....co correspondente aumento da sección do vial, etc. É dicir, reconvertía a PO-340 nunha vía moderna e urbana ao servizo da Comarca, especialmente para Gondomar. O que agora fai a Xunta, ademais de ser fume electoral, é aumentar o perigo", conclúe.