Martes, 28 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Gondomar IXG: “O noso compromiso é Gondomar, só Gondomar”

IXG: “O noso compromiso é Gondomar, só Gondomar”

Correo-e Imprimir PDF
candidatura-ixg2015

Nun claro entre as chuviscas da mañá deste sábado tivo lugar a foto oficial da candidatura liderada polo concelleiro Manuel Gómez González de Iniciativa por Gondomar. Reunidos no Campo da Feira, Gómez presentou algúns dos novos compañeiros de fórmula cara ás municipais de maio, entre eles á sindicalista da automoción, Beatriz Fernández Alonso (Vincios), número 2 da lista. Tamén a Javier Gregores Méndez, (3º lugar) como candidato de IXG á Entidade Local de Morgadáns á que presidiu durante 3 mandatos consecutivos na décadas dos '90 coincidindo daquela na candidatura do alcalde Moncho Sestelo.
Acompañará a Manuel Gómez a empresaria María Yolanda Santos López (Gondomar), quen presidira até o ano pasado a asociación de mulleres rurais do concello (4º lugar.) Eladio Bargiela Durán (Donas), secretario do ex alcalde Martín Urgal, e membro da xestora local do PP até a chegada de Fernando Gutián en 2011, acompaña a candidatura de IXG pechando a lista de titulares.


Manuel Gómez: "O noso compromiso é Gondomar, só Gondomar"
Manuel Gómez salientou o feito da constitución da candidatura en base a un número paritario de mulleres e homes e na que están representadas as veciñanzas das dez parroquias de Gondomar. Afirmou confiar plenamente nesta equipa para afrontar os retos que se lle presentan ao municipio "despois da perda de catro anos baleiros de contidos e resultados".
Fixo fincapé no senso que IXG está "fóra das liortas partidistas que buscan cotas de poder polo poder. Nós buscamos ese poder para pór o alcance dos cidadáns a ferramenta máis útil que poden obter na transformación da sociedade: a súa participación e implicación do devir diario da acción do goberno". "O noso compromiso é Gondomar, só Gondomar", finalizou.
Argumentou que para lograr estes propósitos pedirán o apoio dos veciños e nese senso, adiantou que a agrupación prepara o programa de acción para Gondomar que dará a coñecer nos próximos días. "Un programa real, solvente, realizable e necesario para este pobo; onde incidiremos nos problemas reais que sufrimos neste momentos."
Candidatura ao concello de Gondomar de IXG

  1. Manuel Gómez González . Mañufe
  2. Beatriz Fernández Alonso. Vincios
  3. Javier Gregores Méndez. Morgadáns
  4. María Yolanda Santos López. Gondomar
  5. Elías Fernández Rodríguez. Donas
  6. María Esther Cambra Fernández. Chaín.
  7. Julio Lorenzo Varela Martínez. Borreiros
  8. Gilberto Gregores Méndez. Vilaza
  9. Marta Martínez Diz. Peitieros
  10. Ana Belén Bouzada Bouzada. Couso
  11. Guillermo Moreira Gregores. Vilaza
  12. Rebeca Otero Cruz. Vincios
  13. María Carmen Durán Martínez. Chaín
  14. María del Mar Álvarez Rodríguez. Donas
  15. Daniel Alonso Iglesias. Mañufe
  16. Ernestina Ángeles Jorge Mantilla. Vilaza
  17. Eladio Manuel Bargiela Durán. Donas

Suplentes

  1. Jaime Bouzada Estévez. Mañufe
  2. Raquel María Martínez Martínez. Vincios
  3. Alberto González Pereira. Morgadáns
  4. Noelia Silva Fontán . Borreiros
  5. Severino Manuel Bea Toyos. Peitieiros
  6. Alberto Santos Jorge. Gondomar
  7. Vanessa Fernández Fernández. Morgadáns

Candidatura á Entidade Local de Morgadáns
1. Javier Gregores Méndez
2. Vanessa Fernández Fernández
3. Ricardo Rodríguez Alonso