Sábado, 13 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG esixe unha solución urxente ao problema do transporte público en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

terminal gondomarO Bloque Nacionalista Galego, "celebra" que o Concello de Gondomar conte cun pacto de goberno "entre grupos políticos saídos das eleccións do pasado 24 de maio, reclámalle ao novo goberno que non demore máis en buscar unha solución ao problema do trasporte público colectivo".

O alcalde de #Gondomar pide maior coordinación e rapidez nas tarefas ao persoal de obras do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

alcalde operarios gondomarO alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, presentou oficialmente á concelleira Iría Lamas, responsable de Infraestruturas e Servizos Básicos no actual goberno. O fixo ante o persoal do departamento con quen mantivo tamén un intercambio a prol de informar dos plans e orientacións que guiarán ao novo goberno neste eido municipal que ocuparase de "obras, iluminación, cemiterio, parques e xardíns", entre outras actividades, segundo dou conta o rexedor.

Incorporáronse tres auxiliares á Policía Local de #Gondomar polos vindeiros 6 meses.

Correo-e Imprimir PDF

foto-auxiliares-gondomarHoxe tivo lugar a presentación dos tres auxiliares que se incorporaron a Policía Local de Gondomar. A presentación acudiu o Alcalde Paco Ferreira, o xefe de policía, e o concelleiro Juan Antonio Gonzalez

Gondoverán dará servizo a un centenar de cativos durante o mes de xullo.

Correo-e Imprimir PDF

Gondoveran-2015O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e as concelleiras Iria Lamas e Nuria Lameiro visitaron esta mañá o Gondoverán, o campamento de lecer e tempo libre no que participarán 100 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, durante todo este mes de xullo. Na presentación fíxose entrega dunha camiseta a cada un dos nenos e nenas participantes. Este ano incrementáronse as prazas do devandito campamento tras unha demanda que alcanzou as 120 solicitudes segundo fontes da administración local.

A fotógrafa Ani Pérez fornece Gondomar con novas miradas dixitais.

Correo-e Imprimir PDF

paco curso fotos2Un grupo de mozas e mozos de Gondomar iniciaron este mércores un curso de fotografía dixital que estará a cargo da recoñecida fotógrafa miñorana, Ani Pérez. Os participantes do curso, de entre 14 e 30 anos, recibirán coñecementos desta arte dixital durante 30 horas no correr do presente mes. As aulas comezaron cuña presentación na que estivo presente o alcalde Francisco Paco Ferreira, quen salientou a importancia da aprendizaxe destas técnicas por parte dos novos, nun mundo onde "todo é dixital, é o futuro", afirmou.

As clases que deron comezo hoxe desenvolveranse no Centro Neural da vila. No acto de apertura tamén estivo presente a concelleira Iría Lamas acompañando á docente, ao alcalde e mais o equipo da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Gondomar, organizadora deste obradoiro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL