Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Gondomar: Cabalgata e recepción das cartas no Pavillón polos Reis Magos.

Correo-e Imprimir PDF

reis-magos-gondomarO mércores 5 celebrarase a Cabalgata de Reis nas rúas Eduardo Iglesias e Elduayen. A festa dará comezo a partires das 17.00 horas coa actuación da Rondalla da Asociación Cultural A Merced de Chaín.

A Cabalgata dos Reis Magos volverá a pasar por Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Cabalgata dos Reis Magos en Nigrán

Despois de 2 anos sen que os máis cativos poideran desfrutar de tradicional cabalgata, o concello de Nigrán ultima os preparativos para recibir ás Súas Maxestades Reais.

A Festa dos Reis Magos de Nigrán comenzará os días 3 e 4 de xaneiro onde os carteiros reais visitarán as Asociacións de veciñais e Centros Culturais para recoller as cartas aos nenos e nenas.

O Bufón do reino, repite en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O Bufon do Reino

The Pinga Teatro repetirá a súa representación da obra "O Bufón do Reino" este martes 4 de xaneiro, no auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Os veciños e veciñas que non puideron desfrutar da representación teatral terán unha nova oportunidade para disfrutar da obra “O Bufón do Reino”, de The Pinga Teatro. A representación dará comezo ás 18.00 horas. Esta é a última representación teatral da programación de Nadal do Concello de Gondomar, que continuará o mércores coa Cabalgata de Reis e o xoves co tradicional certame de rondallas, que chega este ano a súa XXIX edición.

Escrita e dirixida por Miquel Condal e protagonizada por María Carrera, “o Bufón do Reino” conta a historia dun rei que perdeu a fala e a capacidade de rir. Unha bufona ofrecerase para axudalo, a cambio de case nada. O prezo da entrada é de 2.5 euros.

 

Teatro para toda a familia con “O Bufón de Reino”, o luns e o martes en Gondomar .

Correo-e Imprimir PDF

O Bufon do ReinoA programación teatral de Nadal do Auditorio Municipal Lois Tobío reanudarase o luns 3 de xaneiro coa obra “O Bufón do Reino”, da compañía viguesa The Pinga Teatro. O prezo das entradas é de 2.5 euros. A representación dará comezo ás 18.00 horas. “O Bufón do Reino” tamén se representará o martes 4, á mesma hora.

O Coro de Voces Masculinas Baionesas e a Rondalla Virxe da Roca actuarán en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
concierto_navidadO Coro Voces Baionesas ofrecerán o vindeiro domingo, 2 de xaneiro, un concerto especial de Ano Novo no Auditorio Municipal Lois Tobío. O concerto está organizado pola Asociación de Mulleres en Igualdade de Gondomar. O recital, no que tamén intervirá a Rondalla Virxe da Roca, será ás 19.30 horas, con estrada gratuíta ata completar aforo. O repertorio incluirá habaneras, panxoliñas e temas clásicos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL