
Mañá sábado 26 de febreiro terá lugar a sesión mensual do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais, e organizado por Espazo Lectura. Nesta ocasión, o libro que centrará a sesión é Cama e conto (publicado por Edicións Xerais), do escritor valenciano Gonzalo Moure. A partir desta historia, que reflexiona sobre a importancia da lectura en familia dende a infancia, a sesión afondará no mundo do libro: que é un libro, a evolución do formato libro ao longo da historia, a autoría e tradución, a edición e distribución, o prezo do libro, etc. A cita é o sábado ás 12.00 horas na Biblioteca de Gondomar.