
Axenda do Val Miñor
Espazo Lectura suspende a actividade de dinamización lectora de hoxe.

Marcelino Gómez Arias: Unha loita pola República e o agrarísmo entre América, Portugal e Galicia.

O nome de Marcelino Gómez Arias é practicamente descoñecido para a maioría dos galegos. Sen embargo a súa breve vida deixou pegada nas dúas marxes do Atlántico. A súa historia persoal comeza no occidente asturiano en 1880. Sendo moi novo emigra a Bos Aires onde toma contacto con sectores nacionalistas e revolucionarios das novas repúblicas de Uruguai e Arxentina. Logo da experiencia revolucionaria de 1904 en Uruguai participa na revolta republicana de Galicia en 1905 e na revolución republicana portuguesa de 1910. Cronista de guerra, xornalista de dous continentes, Marcelino Gómez morreu en Crecente en 1924.
O club de cómic Lecturas Debuxadas trasládase a Vigo para coñecer a librería Banda Deseñada
Mañá martes, día 15 de febreiro, ás 20:30h, o club de cómic Lecturas Debuxadas organizado pola asociación Espazo Lectura celebra unha sesión especial na libraría viguesa Banda Deseñada. A sesión deste mes trasládase a Vigo para ter un encontro con Melo, libreiro da devandita librería especializada e colaborador do prestixioso festival Viñetas desde o Atlántico.
Cándido Pazó presenta "Historias e Histerias" no Café - Teatro Clandestino.

Lula Goce presenta a súa instalación A-MAR na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Mañá venres 11 de febreiro de 2011 ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, (Avda. Campo da Feira, 10, baixo, Gondomar) inaugurarase a exposición da artista visual LULA GOCE "A-MAR. Cartografías do pasado-presente". Trátase dunha intervención efémera realizada especialmente para este espazo pola artista.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL