
Axenda do Val Miñor
Este sábado Doc Magoo's no Café Clandestino.

Teatro, exposicións fotográficas e cine para conmemorar o Día da Muller Traballadora en Nigrán.
Coa inauguración da mostra fotográfica "Miña nai traballa" e a presentación da obra de teatro "A visita da vella dama", amabas as dúas nas Escolas Proval, a Concellería de Igualdade de Nigrán continúa cos actos pra conmemorar o Día Internacional da Muller. A partir das 19:30 horas na aula mulitiusos das Escolas Proval estará aberta a exposición fotográfica que amosan a muller traballadora de Nigrán de hoxe. A mostra de carácter colectivo está realizada por alumnas e alumnos dos colexios públicos do concello. Logo, ás 20:30 horas o grupo Vichelocrego Teatro representará "A visita da vella dama", de Friedrich Dürrenmatt.
O Carrabouxo protagonizará a TERTULIA do IEM do mes de marzo.

O fotógrafo miñorano José Sola presenta a súa mostra "El principio del fin" no restaurante Le Crep e
A seu regreso a súa vila natal o fotógrafo baionés José Sola prepara a inauguración da súa mostra fotográfica "El pincipio del fin", programada para este próximo venres 11 de marzo no restaurante Le Crep da Vila Real. Logo dunha aventura profesional pola cidade de Condal, Sola confesa que se algo botou de menos na súas viaxes fóra das Rías Baixas foron os seus luscofuscos. "El principio del fin" do día cobra especial formato nesta terra singular, afirma. "Cando o sol se funde co mar, adquire no ceo unhas cores imposibles de atopar noutros lugares".
Martes de Entroido en Gondomar: festa infantil e verbena nocturna.
A Praza da Alameda acollerá mañá martes de Entroido unha gran festa infantil, con talleres e animación para todos os nenos. A actividade incluirá un desfile de disfraces dos nenos e nenas que acudan disfrazados. Haberá chocolate con churros de balde para todos os participantes. Será a partires das 16.30 horas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL