A asociación Espazo Lectura celebra este martes 18 a sesión de xaneiro do club de lectura de cómics Lecturas Debuxadas. Nesta ocasión, a lectura sobre que vai xirar a actividade é Fun Home, una familia tragicómica, cómic autobiográfico da autora americana Alison Bechdel.
Axenda do Val Miñor
Fun Home de Alison Bechdel este martes en Lecturas Debuxadas na Biblioteca de Gondomar.
A TERTULIA do IEM con Xosé González Martínez cambia para o venres 21 de xaneiro.

O Instituto de Estudos Miñoranos informa que a TERTULIA que estaba programada para o 14 de xaneiro de 2011 con Xosé González Martínez, Presidente da Fundación "Premios da crítica de Galicia" cambia para o venres 21 de xaneiro ás 20:30h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar (Avda. da Feira Nº10, baixo).
O escritor Cid Cabido falará da súa última novela no club de lectura Sete Vidas de Gondomar
O martes 11 de xaneiro, celébrase unha nova xuntanza do club de lectura Sete Vidas organizado pola asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, a novela escollida é Unha historia que non vou contar do autor Cid Cabido. Será na Biblioteca de Gondomar a partir das 20.00 horas. A partir das 21.00h o propio autor, Cid Cabido, achegarase para compartir as impresións dos lectores e lectoras sobre o libro.
. Máis de cen rapaces participarán na “Tercera Edición del Torneo Escolar de Tenis” de Gondomar.
Máis de cen nenos participarán na “Tercera Edición del Torneo Escolar de Tenis” de Gondomar que terá lugar mañá domingo a partir das 9 horas nas instalacións do IES Auga da Laxe (Gondomar) e no Pavillón de Deportes Municipal. As categorías incluídas no torneo son “prebenjamín”, “benjamín”,” alevín” e” infantil”.
A Comunidade de Montes de Peitieiros presenta o seu libro de fotos antigas: MEMORIA DE PEITIEROS.

A Comunidade de Montes en Man Común de Peitieiros ven de editar un volume de fotografías antigas da parroquia acompañadas de textos, titulado MEMORIA DE PEITIEIROS. O vindeiro sábado día 8 de xaneiro, ás 19h terá lugar a súa presentación no local do Centro Cultural Recreativo, no adro de Peitieiros.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL