O Concello de Nigrán programa este domingo ás 12.00 horas a actuación do grupo de folclore Breogán Valle Miñor na Alameda de San Campio de A Ramallosa.
Axenda do Val Miñor
Actuación do grupo Breogán Valle Miñor na Ramallosa
Máis de 400 persoas daranse cita este sábado na “Andaina do Terror” en Parada
O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural Parada do Miñor para organizar mañá sábado a primeira andaina "O Camiño do Terror" posposta o sábado anterior polo mal tempo e que parte dende o campo de futbito de Parada ás 22:30 horas.
O percorrido, no que haberá sorpresas relativas á temática de terror, discurrirá polos camiños de Montecastelo con parada no Mirador Monte dos Mouros. Está previsto que finalice no mesmo punto de saída ás 01,30 horas.
Canto fai que non xogas á billarda, a mariola ou a pita cega? I xornada de xogos populares en Chandebrito
O vindeiro sábado dia 29 de agosto a partir das 17:30 horas dará comezo unha xornada de xogos populares e tradicionais na parroquia de Chandebrito. Durante tres horas haberá xogos e demostracións no torreiro vello da igrexa parroquial. Actividade de balde, organizada pola pola Concellería de Cultura e a Asociación Chandebrito 1807.
A Banda de Vincios participará do XXVI Festival de Músicos Xoves do Rosal.
Este Sábado 29 de Agosto, a Banda Agrupación Musical de Vincios participará no XXVI Festival de Músicos Xoves da Agrupación Musical do Rosal. O Festival comezará ás 21h na Praza do Calvario do Rosal coa seguinte orde de participación: Banda Musical Lanhelense (Portugal), Agrupación Musical de Vincios e Agrupación Musical do Rosal.
Luis Espada Recarey falará do “Tango gardeliano” no ciclo de conferencias de Baiona.
Este xoves a Capitanía Marítima de Baiona acolle unha conferencia baixo o título "El tango gardeliano. Poesía, amor desesperado, filosofía de la vida" na que se analizarán as letras dos tangos a partir dos seus creadores. A conferencia dará inicio ás 20:30 horas.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL