Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

“Cóntame un contiño” : andaina guiada por Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

sendeiro2-chandebritoO Concello de Nigrán organiza este xoves unha ruta por Chandebrito con título 'Cóntame un contiño', con saída ás 18.30 horas dende o Torreiro das festas da parroquia. Tamén haberá caravana dende a porta do Concello Nigrán. Trátase dunha ruta circular de 6 km e dificultade baixa cunha duración estimada de 2,5 horas.

A Galería Sargadelos de #Baiona acolle o recital poético e musical “Verbas Cum”.

Correo-e Imprimir PDF

irene silvaAo abeiro da exposición "Olladas do mar", na Galería Sargadelos de Baiona, a Editorial Belagua e a escritora Isabel Blanco-Rivas organizan un festival poético baseado na súa obra Verbas cum, ilustrado por Irene Silva.

Estarán acompañadas por un nutrido grupo de artistas, que porán música e voz aos poemas de Isabel Blanco, mais tamén leranse poemas de outros autores e autoras que teñan o mar como referencia. Será o vindeiro xoves 13 de agosto ás 20:30 horas .

Chega a 4ª edición do Torreiro Rock en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

torreiro priegueOrquestra Norcorea, Contracorrente, Millo e Kalambrazo son as bandas que participarán da edición 2015 do Torreiro Rock. Esta xuntanza rockera que vai pola súa cuarta edición, terá lugar este venres a partir 23:30 horas, no torreiro da parroquia de Priegue.

A parroquia de Camos celebra a tradicional Baixada de Carrilanas

Correo-e Imprimir PDF

Carrilanas | Lothar Spurzem - CC BY-SA 2.0 deA colorida baixada de carrilanas terá a súa oitava edición o vindeiro sábado 15 de agosto.

A partir das 9 da mañá partirán dende a Rúa da Levada até o Camiño de Piñeiros. O evento recupérase a iniciativa do Centro Cultural a Camoesa e a asociación Eixo Tolo, coa colaboración do Concello de Nigrán e o patrocinio de Breogán Autolux.

#Nigrán : Zumba e mercado de artesanías nos areais do Lourido

Correo-e Imprimir PDF

zumba louridoO Concello de Nigrán amplía este mes de agosto a actividade de zumba en Praia América (en Lourido, xunto á escola de vela) a cinco días a semana, de luns a venres. Os horarios son: luns e mércores ás 13.00 horas e martes, xoves e venres ás 19.00 horas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL