O Concello de Nigrán organiza esta este domingo ás 21.30 horas en Chandebrito unha actuación do monologuista Xan Veiga, famoso polas súas intervencións no programa Luar. Con un humor 100% galego e un estilo inconfundible, Xan Veiga fará rir a toda a familia.
Axenda do Val Miñor
Pase nocturno do filme animado “Futbolín” en Morgadáns
O ciclo Cinema na Rúa en Gondomar ofrecerá este luns 10 de agosto unha proxección para todo público no en Morgadáns. A función dará comezo ás 22:30 horas coa proxección do filme de animación arxentino "Futbolín" (2013), dirixida por Juan José Campanella
Tradi Són presenta en #Gondomar o disco “Olvidáchesme por pobre”•
Hoxe continúa o ciclo das "Noites da Alameda" organizado pola Concellaría de Cultura de Gondomar coa presentación do disco "Olvidáchesme por pobre" do Grupo Tradi Són.
O espectáculo dará comezo ás 22.00 horas.
Parada do Miñor organiza unha andaina polo “camiño do terror” nos montes da parroquia.
O Centro Cultural Parada do Miñor organiza a súa primeira andaina, que leva por título "O Camiño do Terror". Sairá o sábado 22 de agosto do Campo de futbito de Parada ás 22:30 horas. Está aberta a inscrición para participar.
Concerto acústico de Cosade2 con clásicos do pop-rock ás beiras do areal de Patos #Nigrán.
Cosade2 ofrecerá unha sedutora mestura de sons con versións propias de temas clásicos de bandas como The Beatles, Credence, Leo Sayer, U2, Queen, ou solistas como Miguel Rios, e Luz Casal entre outros. A cita é este sábado 8 de agosto ás 22:30 horas na terraza do Sunset Bar Patos con entrada de balde.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL