Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Carlos da Peña presenta a súa renuncia como concellal

Correo-e Imprimir PDF
Carlos de La PeñaLuis Carlos da Peña presentou onte formalmente a renuncia á súa acta de concelleira na corporación de Baiona. O líder socialista tomou esta decisión pouco tempo despois das pasadas eleccións municipais, ao non estar satisfeito cos resultados que obtivo dentro da candidatura do PSOE.

As obras no río Groba estarán rematadas en outubro

Correo-e Imprimir PDF
O consellerio de medioambiente visita as obras en SabarísPara finais de outubro estarán rematadas as obras do río Groba para evitar que se produzan as inundacións do ano pasado. Levantaranse muros de dous metros e medio de alto nas marxes do río. Os traballo incluen tamén a limpeza do fondo e das marxes do río para anchear o leito ata os 10 m. O conselleiro de medioambiente Manuel Vázquez presentou onte o proxecto para a nova depuradora de Baiona que prevee acabar cos problemas de saneamento e verteduras na ría. Ver video TVG

O lixo segue acumulado na vivenda queimada o venres en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Lixo vivenda SabarísOs veciños da vivenda incendiada o venres en Sabarís, queixánse de que o concello non limpou ainda os restos do sisnitro. A situación agrávase pola cantidade de lixo acumulada polo home no interior do seu piso. O home de 70 anos son síndrome de Dióxenes, continúa ingresado na uci en Povisa con queimaduras no 40% do seu corpo.
Ver video TVG

Baiona entrega 5.500 rúbricas contra el fondeadero

Correo-e Imprimir PDF
Entrega de firmas no rexistro do concello. A Voz de GaliciaO alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o patrón maior da Confraría, Jesús López Méndez, entregaron onte no portelo único do Consistorio as 5.514 firmas que recolleron en contra do proxecto de Portos de Galicia de crear un fondeadero para embarcacións deportivas entre o espigón, o Monterreal Club de Iates e a praia Barbeira. As firmas están dirixidas ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.

A Xunta investirá 28 millóns de euros na depuradora de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

O goberno galego deu onte luz verde ao investimento para poder construír a primeira estación depuradora de augas residuais de Baiona. O custo da obra supera todas as previsións iniciais e alcanzará a cifra de 28,3 millóns de euros. Trátase da actuación pública de maior envergadura que se vai a realizar no municipio turístico logo da apertura da autoestrada do Val Miñor no ano 99.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL