Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O BNG de Baiona posiciónase en contra do parque eólico na Groba

Correo-e Imprimir PDF
Parque eólicoO BNG de Baiona presentou tamén as súas alegacións contra o proxecto de construcción dun parque eólico na serra da Groba entre os momentes dos concellos de Baiona, Oia e Tomiño. Estas alegacións se suman as presnetadas xa por varios colectivos da comarca como Salvemos Monteferro e o Instituto de Estudos Miñoráns onde se advirte de graves consecuencias para o patrimonio e o conxunto natural da serra da Groba.

Falece un turista británico de 77 anos en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Un turista de nacionalidade británica falleceu onte ao mediodía en Baiona na piscina da casa onde pasaba o verán cos seus fillos, sita no Camiño da Silveira, no barrio de San Antón. T.C., de 77 años de idade, sufriu unha parada cardiorespiratoria ainda que fontes da investigación non puideron confirmar se a súa morte lle sobrepuxo dentro ou fora da piscina.

Portos adxudica ao Monterreal a creación do fondeadero de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Novo fondeadero en Baiona.Portos de Galicia adxudicou onte ao Monterreal Club de Iates de Baiona a creación do fondeadero fronte á praia Barbeira.
O proxecto reserva un espazo xunto ao espigón para o fondeo libre de barcos de pesca que busquen abrigo. O polígono de amarres terá unha capacidade para medio centenar de embarcacións deportivas. O alcalde e dous edís acudiron co patrón maior por sorpresa á rolda de prensa.

O IEM falará coas familias para exhumar os corpos da "Volta dos Nove"

Correo-e Imprimir PDF
70 aniversario Volta dos NoveO Instituto de Estudos Miñoranos porase en contacto con todos os familiares dos nove represaliados fusilados e enterrados na denominada “volta dos nove”, en Baiona, para solicitar a súa conformidade para a exhumación dos corpos. A asociación quere crear unha fundación para preservar a memoria e o material recollido nestes últimos anos.

O Concello ordena a limpeza do ático incendiado de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Lixo na vivenda SabarísOs veciños do número 5 da avenida Areas de Sabarís continúan vivindo preocupados despois do incendio ocorrido hai unha semana no apartamento dun ancián que acumulaba lixo. Tras unha longa insistencia, o Concello ordenou o pasado xoves a limpeza do piso. Nove operarios municipais traballaron durante toda a xornada para sacar centenares de quilos de desperdicios queimados, que durante os últimos días fixeron a vida insoportable a todos os inquilinos da cuarta planta do edificio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL