Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O Baiona acolle a celebración da Deputación de Pontevedra do día da hispanidade

Correo-e Imprimir PDF
Nin confrontación, nin españolismo ou independentismo radicais. Os actos de celebración da Hispanidade da Deputación de Pontevedra converteron onte a Baiona nun exemplo de conciliación. Os lazos culturais con Sudamérica, a integración dos emigrantes e a solidariedade cos pobos españois e hispánicos centraron os discursos ante o monumento "Atopo entre dous mundos" e no Parador.

A ponte medieval de Sabarís, estragada polos accidentes e o abandono do concello.

Correo-e Imprimir PDF
Os peitorís continúan tirados na marxe do río.A ponte vella de Sabarís, datada do século XV sufriu fai dúas semáns outro accidente que derrubou parte dos petrís que ainda quedaban en pé. Un conductor ebrio foi o causante deste novo estrago na ponte, onde o coche que conducía bateu contra un lateral da ponte e seguidamente empotruse de fronte co outro lateral, quedando o morro do coche pendurado da ponte.

Veciños de Sabarís abandonan as súas casas polo temor a novas riadas

Correo-e Imprimir PDF
Casa en venta en Sabarís. A Voz de GaliciaO medo a revivir unha nova riada fixo que veciños do Camiño dás Monxas e de camiño Chico , a «zona cero» das inundacións de Sabarís, en Baiona, opten por buscar outro lugar onde vivir.

O BNG de Baiona denuncia que Sabarís segue igual un ano despois dás riadas

Correo-e Imprimir PDF
O BNG de Baiona denunciou públicamente a falla de seriedade das Consellerías de Medioambiente e Política Territorial da Xunta de Galiza, así como a actitude pasiva e de desinterese por parte do alcalde de Baiona, o popular Jesús Vazquez Almuiña, no referente as obras pendentes por realizar en Sabaris para solventar as enchentas.

Baiona dá por resoltos as verteduras que investiga a Fiscalía de Galicia

Correo-e Imprimir PDF
Desembocadura do río Groba . SabarísA investigación que a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia realizará sobre a contaminación na bahía de Baiona sorprende a políticos e pescadores. O episodio das verteduras de augas fecais está superado, segundo indican, logo da execución de varias obras de saneamento. O patrón maior da Confraría de Pescadores, Ramón Costas, reclama unha "marxe de confianza" ao Ministerio Fiscal ante os "avances" do concello para acabar coa contaminación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL