Os nacionalistas consideran que por parte da Consellería de Política Territorial, quedan ainda traballos por resolver, como a permeabilidade da estrada polo litoral a altura do Camiño das Monxas que resulta ser o punto mais crítico das inundacións e a que provoca máis repercusións nas vivendas dos veciños.
Por outra banda, o BGN critica á Consellería de Medioambiente, por non dar continuidade ao desdobramento soterrado do río Groba a altura do Mercado. Así mesmo denuncian o descoñecemento de acordo algún co propietario afectado, xa que segundo argumentan
"o Alcalde, agora que xa pasaron as eleccións, deixou de convocar semanalmente a comisión de seguimento.O interes do Alcalde acabou pasadas as mesmas."
Para rematar o bloque advertiu que "dentro duns días, fará un ano que Sabaris anegouse, e que despois de tantas promesas, as obras urxentes que ían levarse a cabo, están sen rematar. Por culpa duns e doutros, os veciños de Sabarís pasarán outro inverno pendentes de si chove moito ou si chove pouco."