Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Para o PSOE polo menos hai un delito de omisión do Concello na desfeita arqueolóxica de Oia.

Para o PSOE polo menos hai un delito de omisión do Concello na desfeita arqueolóxica de Oia.

Correo-e Imprimir PDF
O petróglifo da Mouta logo da desfeita. (Autor: Xilberte Manso)
O petróglifo da Mouta antes da súa destrución. (Autor: Xilberte Manso)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O arquivo das dilixencias pola desfeita arqueolóxica na parroquia de Burgueira (Oia) ordenada pola fiscal Natividad Gurriarán Fernández en outubro de 2010 aínda non lle foi comunicada oficialmente á agrupación municipal do PSOE, denunciantes xunto ao SEPRONA da mesma. Os socialistas recibiron a nova no pasado Pleno ordinario do mes de novembro de boca do alcalde Alejandro Rodríguez (PP), nunha intervención que segundo José Antonio Olmedo Granja, portavoz socialista non correspondía por ser unha resolución provisional. Olmedo afirmou sentirse vulnerado no seus dereitos ao non ser notificado formalmente o que lle imposibilita recorrer o acordo da fiscal.

Para o Psoe de Oia na actuación das autoridades do concello hai mais que unha infracción administrativa. O que houbo foi unha omisión da labor de policía , unha omisión de vixilancia e control urbanístico da administración do rexedor Rodríguez. Todo isto agravado, segundo Olmedo polo feito de que o concelleiro de urbanismo Camilo González Giráldez é ao mesmo tempo o presidente da Comunidade de Montes de Burgueira, propietaria dos terreos alugados a empresa Kiwi Atlántico Fincas S.L. “Polo menos estamos ante un delito de omisión contemplado pola nova lei de solo de Galicia”, afirmou José Antonio Olmedo a Valminor.info.

O próximo 26 de xaneiro ás 11 horas se reunirá o Pleno municipal de Oia. A agrupación municipal socialista preparará coa executiva local e mais o asesoramento provincial do partido as acciones pertinentes ante unha resolución da fiscal Natividad Gurriarán que non comparten.

Para Olmedo a maior proba do coñecemento que tiña o alcalde Rodríguez e mais o concelleiro de urbanismo González da existencia dos bens de interese arqueolóxico arrasados é a propia comunicación que o Xefe Territorial de Cultura de Pontevedra lle fai á administración antes da desfeita total o 13 de abril de 2010. “O alcalde decidiu non parar os traballos e ademais xactarse diso nos medios”, lembra Olmedo.

Por outra banda, o concelleiro non da por certo que as obras da plantación se reduzan simplemente a roturación da terra, como afirma a administración municipal e recolle o ditame da fiscal. “Igualmente se así fora” explica Olmedo “a roturación necesita da licenza municipal segundo as normas urbanísticas subsidiarias de 1996, vixentes en Oia.” Para o portavoz socialista o principal responsable desta falta grave é o concelleiro Camilo González que ampara na súa dobre calidade de concelleiro de urbanismo e presidente da comunidade propietaria das terras alugadas á empresa que fan os traballos sen as debidas licencias e permisos.