O cruceiro de San Campio
Xesús. Arría o galo!
Cristo Loureiro
Chamábanlle “Cristo” ou “Cristo Loureiro” e non se sabe o motivo ou a razón d’este alcuño.
Era un tipo moi pintureiro, moi fachendoso e coidado de si. Para presumir entre as mozas afeitábase as entradas do pelo da cabeza para semellarse ao galán do cine Charles Boyer que estaba moi de moda.
José “O Portugués”
Sábese que era portugués pola fala. Dicíase, ou se dixo, que tivera problemas coa policía ou coas autoridades do seu país, pero todo quedaba niso, suposicións, porque José xamais falou ou comentou por que viñera á Ramallosa. Ademais por aquelas datas habíache un Cabo da Garda Civil en Baiona, parés que se chamaba o Cabo Pena, que non se lle pasaba unha, e bo era para que esa fora unha de elas.
Carmen “a coxa”
Moitos de vós, os que teñades máis de trinta anos, lembraredes ver a esta muller acotío na estación do tranvía da Ramallosa, pois todas as tardes vendía froita alí. A súa coxeira era ben sobresainte.
Carmen estaba coxa porque se metera diante dun camión que estivera a piques de atropelar a un dos moitos fillos que tiña, e levouna por diante, iso si, ao fillo non lle pasou nada. Recibiu o golpe na cadeira deixándoa eivada.
Ela contaba esta historia e engadía, salientando a súa fortaleza, “e miren que cabalo serei que nin febre tiven”.
O “Punto 0” do Val Miñor
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL