Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion O cruceiro de San Campio

O cruceiro de San Campio

O San Lourenzo de Belesar

Correo-e Imprimir PDF

Para Xoán 2 de 5

Vivía na parroquia de Belesar do Concello de Baiona un home máis ben pequeno, forte, tirando a groso e cunha calva grande e brillante coma unha lúa chea do mes de setembro que cubría cunha pucha daquelas de pouco voo pois non ia máis alá de onde remataba a calva e comezaba o pelo. Chamábase Manuel Blanco pero cando falaban del tirábanlle polo alcuño de “o xuíz”. Tiña oficio de carpinteiro e traballaba nunha fábrica de vidro que había na entrada de Vigo, preto da estación dos tranvías de Vigo a Baiona chamada a Florida, e nela baixaba, os días que ía traballar que eran todos menos os domingos e “festas de gardar”, coma se dicía naquel entón, unha hora despois de coller ás seis da maña en Sabarís o primeiro tranvía e facendo o percorrido de volta ás seis do serán.

A balea prehistórica

Correo-e Imprimir PDF

 

A-baleaNestes días despexados pro fríos, é unha ledicia quentarse ao sol ao pairo do mainiño nordés nunha tasquiña das que hai no paseo de Panxón e repousar o ánimo oíndo o cadencioso bruído das ondas desfacéndose na praia e recrear a vista coa paisaxe onde se mesturan, ben compaxinados, os distintos azuis do mar e os verdes dos campos e das árbores do monte, salpicados do branco de casas e barcos, e ao fondo, tras das brétemas esvaecidas, a serra d`A Groba.

É tempo de Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

Victoriano TaiboO sol asomase ao Val Miñor polo alto de San Antoniño, non moi cedo, sen quentura para deter a xeada que aínda campa nas herbas, nos recunchos umbráticos dos camiños e ao pe dos carballos. A friaxe dos seus raios enche de ouro a paisaxe salientando o amarelo dos vimbios que esperan o San Amaro, as vides non están podadas e as vidras semellan longos dedos deformados pola artrose. Arríncanse reflexos aceirados no río Miñor e no esteiros da Foz salpican as alburas das gaivotas ou das garzas remexendo as augas e axotar uns invisibles bechos que, facendo estraños e xeitosos movementos de danza,  atrapaba co largo pico.  No mar, resalta a branca escuma na rompente dos Farallons e nas illas, unha brétema, coma unha tea de araña, acabara, en canto o sol baixe por detrás da Groba, espallándose  polo Val todo, envolvéndoo de noite e de friaxe.

Angelito

Correo-e Imprimir PDF

Os anxos

Ala polos anos 1910 dous irmáns, E. e Manuel Lemos, veciños do Val do Miñor que fixeran unha gran fortuna nas Américas, concretamente no negocio dos viños nunha empresa chamada “La Superiora,S.A.”, tiveron o soño de converter o lugar da praia de Lourido nun lugar de veraneo e vacacións de elite que chegara a imitar o Mónaco da chamada Costa Azul.

A romaría de San Cosme e San Damian

Correo-e Imprimir PDF

san_cosmeAos comezos do outono, catro días despois de finado o verán e rematando as festas da tempada que encheron o Val do Miñor cos estralos dos foguetes resoando nos montes do Mauxo, Galiñeiro e A Groba e espallándose polo mar dende a baía de Baiona, o 26 do setembro celebrase na vila mariñeira de Baiona unha romaría en honor dos santos menciñeiros Cosme e Damian.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL