Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion O cruceiro de San Campio

O cruceiro de San Campio

Agora e tempo de lampreas

Correo-e Imprimir PDF

Diapositiva1Así é. Pasado o Nadal, comezan a subir polo río que as veu nacer hai arredor duns sete anos, de volta da misteriosa viaxe que as levou ata o mar dos Argazos sen que ninguén saiba, ata agora, o motivo de tan longa viaxe. Certo que a viaxe, aínda que longa, non é de esgotar moito, porque tanto na ida como na volta, aprovéitanse doutros peixes aos que se prenden coa boca, que teñen chea de afiados dentes. E non só viaxan de balde, senón que é a mantido pois zúganlle o sangue ao pobre do peixe. Tampouco se sabe como adiviñan o camiño que levan os peixes aos que se prenden, non llo preguntarán a sabendas do pago que lle van dar polo porte para que as leve, ou os leve, que hai machos e femias, preto do lugar onde queren chegar.

É tempo de Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

O sol asomase ao Val Miñor polo alto de San Antoniño, non moi cedo, sen quentura para deter a xeada que aínda campa nas herbas, nos recunchos umbráticos dos camiños e ao pe dos carballos. A friaxe dos seus raios enche de ouro a paisaxe salientando o amarelo dos vimbios que esperan o San Amaro, as vides non están podadas e as vidras semellan longos dedos deformados pola artrose. Arríncanse reflexos aceirados no río Miñor e no esteiros da Foz salpican as alburas das gaivotas ou das garzas remexendo as augas e axotar uns invisibles bechos que, facendo estraños e xeitosos movementos de danza, atrapaba co largo pico. No mar, resalta a branca escuma na rompente dos Farallons e nas illas, unha brétema, coma unha tea de araña, acabara, en canto o sol baixe por detrás da Groba, espallándose polo Val todo, envolvéndoo de noite e de friaxe.

¡Coidado co home!!!!!

Correo-e Imprimir PDF
Cabalos

Tan só cinco días despois de que dúas eguas aparecesen mortas a tiros no municipio pontevedrés de Cuntis, acontece a morte a tiros duns 25 cabalos nos montes de Rebordelo e Carballedo do municipio pontevedrés de Cotobade. Os disparos que acabaron coa vida dos equinos foron realizados cun rifle do calibre 22. Ao parecer, máis dunha persoa pode ser responsable da matanza e coñecían ben o que estaban a facer pois a maioría morreron por disparos na barriga que os levou a morrer no monte lonxe do lugar onde foron feridos e se non se atopan logo, pódese atribuír a súa morte a enfermidade ou ataque do lobo.

Cogomelos

Correo-e Imprimir PDF

Para María (Ela xa sabe que é para ela)

Nesta bisbarra non é moi doado para a xente gozar do pracer gastronómico dos cogomelos aínda que o pasado ano os mesóns e casas de xantar fixeron unhas xornadas para dar a coñecer as delicias da súa degustación e fomentar o consumo de tan delicioso manxar. Maiormente, os cogomelos que ofrecían trouxéronos de fóra pois tampouco nesta bisbarra hai moita xente que os apañe e distinga os comestibles daqueles que no o son, e inda peor, os que poden provocar doenzas ou a morte.

O Foucellas

Correo-e Imprimir PDF

Lembranzas da miña infancia. Érache eu un rapaz de doce anos cando por mor de curar unha doenza, endémica naquel tempo da post-guerra, ingresáronme meus pais no sanatorio que os irmán La Calle tiñan na Estrada. Era o ano 1947 e seguín volvendo á Estrada polos veráns hata o ano 1952.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL