Gondomar
A xuÃza rexeita a petición de anular como proba as cintas do caso Gondomar
A xuíza encargada de instruír o caso de suposta corrupción urbanística en Gondomar decidiu non aceptar as peticións de prescindir como proba das cintas gravadas a dúas dos imputados. Os razoamentos dos letrados da defensa sobre a suposta irregularidade -na tramitación dos permisos para levar a cabo as gravacións telefónicas e de vídeo- non foron aceptados pola titular do Xulgado de Instrución número 6 de Vigo, que foi ademais a que no seu día asinou cada un dos permisos solicitados polos axentes da Garda Civil que realizaron as investigacións.
Presentación candidatura do BNG en Gondomar

A Corporación de Gondomar paraliza o seu plan urbanÃstico ante a presión veci
As protestas dun centenar de veciños levaron ao PP a cambiar de posición e permitir a suspensión.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Gondomar quedou suspendido onte, trinta e tres días despois das detencións dos ex concelleiros acusados de tres delitos de cohecho polo suposto cobro de comisións ilegais a cambio de beneficios urbanísticos. O goberno local, do Partido Popular, cedeu á presión vecinal nun pleno cargado de tensión e abstívose na votación dunha proposta presentada pola oposición para paralizar a tramitación do plan e para deixar sen efecto a súa aprobación inicial. Tralo sucedido, será a Corporación que salga das próxima eleccións municipais a que decida sobre o futuro do ordenamiento do municipio.
A defansa do caso Gondomar argumenta que foron incitados ao delito

Os avogados dos implicados no caso de presunta corrupción urbanística de Gondomar trataron de frear onte o proceso xudicial aberto ao pór en cuestión a legalidade das gravacións nas que quedaron rexistradas as supostas peticións de diñeiro a cambio de tramitar tres proxectos construtivos no municipio pontevedrés. Os representantes legais dos catro imputados -o edil de Cultura, o de Urbanismo, un arquitecto vigués e a noiva do primeiro- insistiron ante a xuíz en que as autorizacións feitas por ela para picar os teléfonos e realizar unha gravación de vídeo camuflada non se ativeron formalmente á normativa que as regula.
O BGN de Gondomar pedirá novamente a paralización do PXOM
O actual goberno de Gondomar pensa seguir adiante cun plan xeral baixo sospeita despois das detencións por cobro ilegal de comisións por parte de 2 cocellais do goberno popular.
No último pleno ordinario a oposición pediu en firme a retirada do plan xeral e instou a Xunta de Galicia a súa paralización amparados nas sospeitas de corrupción co gallo das detencións e o descubirmento da trama de comisións.
O concello de Gondomar convoca para o próximo luns 19 de marzo, un pleno extraordinario ás 13:00 horas na Casa da Cultura de Gondomar no cal o BNG pedirá novamente a paralización do plan xeral. Os nacionalistas fan un chamamento aos veciños e veciñas de Gondomar para que acudan ao pleno e non permitan a continuidade dun plan baixo sospeita.
A zona azul de Gondomar só deixará aparcar unha hora e media

O estacionamento nas rúas do centro urbano de Gondomar quedará limitado a hora e media despois de Semana Santa.
O pleno da corporación municipal de Gondomar debaterá o vindeiro venres a aprobación definitiva da ordenanza reguladora da zona azul. O alcalde, Carlos Silva Mariño, emitirá días despois un decreto no que se especificarán as rúas que quedarán dentro do ámbito da ORA.
O goberno local de Gondomar recuperará o venres a maiorÃa
O alcalde de Gondomar, Carlos Silva Mariño recuperará no pleno do venres a maioría absoluta no salón de plenos despois de que tomen posesión os novos edís que substitúen aos concelleiros Alejandro Gómez Garrido e José Luis Mosquera Veleiro.
Ambos presentaron a renuncia ás súas actas de concelleiras horas despois de ser detidos pola Garda Civil ao ser sorprendidos cobrando unha comisión a un construtor a cambio da axilización dunha licenza urbanística.
Os novos concelleiros do PP de Gondomar son Avelino Otero Valverde e José Del Río Da Peña .
Charla en Peitieiros sobre A muller no polÃtico e no social
A charla contará coa particiación de: Rocío Cambra (Vocal Asoc. de Mulleres do Val Miñor), Milagres Chapela (Presidenta Asoc. de Mulleres do Val Miñor "Area Loura"), Rosa Mª Cristaleiro (Presidenta Asoc. de Mulleres Rurais de Gondomar), Mª Luisa Varela (Concelleira Bloque Nacionalista Galego), Mª José Misa (Representa a Move Gondomar), Mª Luisa López (Concelleira Partido Popular), Isabel Pérez (Candidata Partido Socialista).
O pleno de Gondomar insta á Xunta a que paralice o PXOM
Este acordo contou con oito votos a favor, os do PSOE (1), BNG (4) e independentes (3) fronte aos sete do PPdeG, despois de que dous dos seus concelleiros entregasen a súa acta de concelleira tras ser detidos por un suposto delito urbanístico.
A moción foi presentada polo PSOE e contou cunha emenda dos independentes de Move Gondomar que se realizou durante un receso de cinco minutos.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL