Gondomar
Francisco Ferreira recupera o seu posto de xefe da policía local en Gondomar
Ferreira recupera deste xeito o seu vello posto, despois de que fose cesado o ano pasado por parte do anterior alcalde, Carlos Silva. O entón rexedor do PP decidiu destituírlle ao considerar que perdera a súa confianza. O sarxento da policía local é un activo militante do PSOE e durante aquela etapa non dubidaba en criticar publicamente a xestión do alcalde.
Gondomar denuncia desfeitas na ponte medieval das Ánimas
A histórica ponte das Ánimas sobre o río Miñor, situado no centro urbano de Gondomar, foi vítima dun "atentado premeditado contra ou patrimonio". Así se refería onte o alcalde, Antonio Araúxo, ás desfeitas que rexistra o viaduto de orixe medieval desde fai días. O rexedor ordenou unha investigación á Policía Local, que xa trasladou o seu ateigado aos xulgados, mentres que o goberno municipal prepara xa un informe para remitirllo á Dirección Xeral de Patrimonio.
Delís deféndese das acusacións pola súa carta.

O candidato socialista recoñeceu de primeiro plano o envío da carta, achacando a mensaxe a un slogan de márketing político "que no pasan de ser desideratums que no expresan más que el deseo de algo, en este caso mi deseo de ser elegido alcalde."
Delís achaca á polémica suscitada como un acto de desesperación do Partido Popular de gondomar "porque saben la que les viene encima".
O BNG de gondomar inaugura novo local.

Asi mesmo sinalan a da totalidade da Candidatura de Gondomar e tamén dos cargos públicos e candidatos do Val Miñor.
Asi como a asistencia da Deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, o Director Xeral de I+D+I Salustiano Mato
( integrante da lista do BNG ao Concello ) e o deputado no Parlamento Galego X.R. Paz Antón.
Marcelino Pena, escultura forxada no Val
Do gondomareño Marcelino Pena case ninguén, salvo os achegados, coñecen a súa faceta como escultor e artista plástico, e isto ten un motivo. A súa dedicación a esta dificil técnica artística xurdiu fai pouco menos de 2 anos, pero sumado ao caracter autodidacta do artista supón un punto que engade máis valor a súa obra.
Marcelino Pena naceu en Gondomar, en plena transición a cabalo dunha nova Galiza que arrecendía aires de liberdade e de ilusións por recuperar parte dunha cultura popular soterrada.
Como dí Marcelo, "crieime no rural acompañando e aprendendo as lavores do agro." Constitúe a cuarta xeración familiar de canteiros ebanistas e artesáns. A súa actividade profesional versa ó redor das artes escénicas como a danza, o teatro e as performance despois de rematar os seus estudos na Escola Superior de Dança de Lisboa.
Arauxo denuncia a captación de votos de Silva en Montevideo
Fonte - A Voz de Galicia
O alcaldable nacionalista de Gondomar, Antón Araúxo, denunciou onte en rolda de prensa, que o alcalde de Gondomar, Carlos Silva Mariño, celebrará hoxe venres unha cea no centro vale miñor na que para reservar invitacións é necesario a presentación do pasaporte. Para o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, este tipo de actuacións dá pé a unha tramitación ilícita das solicitudes de voto para as próximas eleccións municipais que se celebrarán a finais de maio.
O candidato do BNG, viaxará o mércores da próxima semana á capital de Uruguai para coñecer aos preto de 2000 emigrantes residentes en Montevideo, repartidos nas agracións
Charla coloquio .sobre a marcha internacional das mulleres. en Gondomar.

Laura Añón, integrante da Marcha Mundial das Mulleres fará a presentación do encontro Internacional de Mulleres no Perú no 2006 e do próximo encontro internacional en Vigo para este ano 2007.
Nigrán perderá subencións da Xunta por non entregar as contas
A Xunta só dará subvencións aos concellos que se sometan ao Consello de Contas
O Goberno galego fará da rendición de contas condición sine qua non para que os concellos poidan recibir subvencións da comunidade autónoma. Nestes momentos, máis dun centenar dos 315 concellos de Galicia non remiten a súa contabilidade ao Consello de Contas, co que desde este ano pon en xogo unha parte dos 275 millóns de euros que o Executivo galego destina aos concellos. A maiores, os municipios recibirán 106 millóns do Fondo de Cooperación Local, que inclúe seis de incremento, produto do pacto coa Fegamp.
De acordo coa última conta xeral das corporacións locais elaborada polo órgano fiscalizador, municipios como Redondela, Oleiros, Cangas e A Estrada non renderon contas en prazo. Tampouco o fixeron ao seu debido tempo outros beneficiarios de axudas, como Vilanova de Arousa, Sada, Teo, A Pobra, Nigrán, O Porriño, O Barco e Noia.
Os comuneiros de Vincios proxectan un complexo deportivo de 40.000 metros
A comunidade de montes de Vincios proxecta a construción dun complexo social e deportivo nunha superficie de 40.000 metros cadrados situada na subida ao Galiñeiro.
As instalacións estarán situadas na zona do Padrón e contarán cun campo de fútbol de herba sintética, outro de futbito e tres canchas de baloncesto. Tamén terán un rocódromo, dada a gran cantidade de afeccionados ao deporte da escalada que atraen cada fin de semana os montes do municipio de Gondomar.
O proxecto complétase coa construción dun edificio dotacional que albergará un centro de interpretación da natureza.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL