Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A nova luz de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán comezou un plano para a renovación do sistema de alumbrado público do município.

O edil de Novas Infra-estruturas, Antonio Fernández Comesaña, manifesta que o obxectivo desta iniciativa é substituir as lámpadas obsoletas de prato antigo de alto consumo e baixo rendimento por outras modernas coas que aforrar enerxia e oferecer ao mesmo tempo un servizo de calidade.

Os viciños de Priegue exixen que se retire a antena

Correo-e Imprimir PDF
© Copyright AlejandroOs viciños de Priegue voltaron onte a concentrarse ante as portas do Concello para exixir o desmantelamento da antena de telefonia móbil que a empresa Retevisión comezou a construir sen licenza municipal na zona de Condomínguez.

Nigran e Fenosa comezan a substituir o cableado aéreo para mellorar a estética

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigran atinxiu un acordo con Unión Fenosa para eliminar de maneira paulatina o cableado aéreo de baixa tensión do municipio e a sua sustitución por liñas subterráneas. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a estética dun munici­pio que este verán foi declarado de interese turí­stico polo goberno galego.

Polémica pola antena de Priegue

Correo-e Imprimir PDF

A oposición vaise do pleno de Nigrán en solidariedade cos afectados pola antena de Priegue.O goberno de Nigrán ficou só no pleno de onte despois de que a oposición decidise abandonar a sala en solidariedade cos afectados pola instalación dunha antena de telefonia móvil en Priegue.

A sesión ordinária transcorreu con normalidade até que, ao chegar o turno de rogos e preguntas, o portavoz socialista, Manuel Rial, pediu ao alcalde que deixase intervir a un portavoz veciñal. A proposta desatou a polémica no salón de plenos.

Urbanización do entorno da igrexa de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Arco VisigóticoA urbanizazón do entorno da Igrexa de Panxón é a segunda obra de importáncia que financiará a Xunta en Nigrán. Esta actuación teñen un custe de 1.202.024 euros e consiste na posta en valor do arco de Panxón, a criación dunha nova escalinata de acceso ao templo vetivo e a construcción dunha praza arbolada entre a cale Juan Espiñosa e o monumento visigótico.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL