Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigran e Fenosa comezan a substituir o cableado aéreo para mellorar a estética

Nigran e Fenosa comezan a substituir o cableado aéreo para mellorar a estética

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigran atinxiu un acordo con Unión Fenosa para eliminar de maneira paulatina o cableado aéreo de baixa tensión do municipio e a sua sustitución por liñas subterráneas. O obxectivo desta iniciativa é mellorar a estética dun munici­pio que este verán foi declarado de interese turí­stico polo goberno galego.

A primeira fase desta actuación xa comezou a executarse na avenida Bernardo Vázquez de Panxón, onde a rede eléctrica se colocará a un metro por embaixo da aceira esquerda en dirección a Panxón. O importe desta intervención ascende a 104.890 euros.

O desvio das instalacións eléctricas continuará pola Rua Gaifar, en Panxón. En resposta á petición formulada polo Concello de Nigrán nesta zona, Unión Fenosa procedeu tamén a elaborar un estudo co obxecto de mellorar o xeito deste entorno, frecuentado por mis de persoas en verán para acceder ás praias. O importe desta actuación ascende a 16.476 euros.

Continuación

O edil de Novas Infra-estruturas e primeiro tenente alcalde, Antonio Fernández Comesaña, manifesta que outras ruas que serán obxecto destas obras serán as de Arquitecto Pazos, Baiona A Real, a Urbanizazón A Romana e diversas zonas de Praia América.

A finalidade última é ir eliminando pouco a pouco todo o cableado aéreo que afea a paisaxe urbana das principais avenidas do município turístico.