Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O BNG de Nigrán critica a falla de beirarrúas no núcleo urbán de Praia Amér

Correo-e Imprimir PDF
Praia América - Foto PolinBNG de Nigrán considera incomprensible que o equipo de goberno rexeitase co seu voto no último pleno da corporación, a proposta desde partido para dotar de beirarrúas ao núcleo urbán de Praia América, concretamente ás rúas Vista ao Mar, Concordia e Areosa.

Así o manifestou o edil nacionalista, Xan Lois Cabreira Fernández, quen resaltou que a súa moción «tiña como obxectivo terminar co calamitoso aspecto que presenta unha zona turística por excelencia do Concello de Nigrán». Cabreira destaca que, «a 50 metros da praia e do seu paseo, atopámonos con que non existen beirarrúas, nun núcleo urbán no que se concentran os edificios de pisos e aprtamentos do lugar, así como numerosos negocios de hostelería».

Nigrán investirá 580.000 euros para mellorar o alcantarillado en Vilariño

Correo-e Imprimir PDF

M. MORALEJO - La Voz de GaliciaO Concello de Nigrán quitou estes últimos dias a concurso público diferentes obras no município por un importante cercano ao millón de euros.

O proxecto mais destacado son as obras de saneamento en Vilariño, cuxo prezo de licitación é de 579.267,60 euros dos fondos municipais, que darán cobertura a 200 vivendas desta localidade. En segundo lugar, o Concello investirá un total de 231.520 euros para a instalación de novas redes de alcantarillado en Camos, concretamente nos bairros de Suncido-Sidral e Troca.

Andar Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

A concellalía de turismo, que dirixe Aurora Carbajal oferta Ã³s viciños e visitantes de Nigrán, fins de semana andarins para toda a família.

ANDAR NIGRAN, programa de sendeirismo guiado iniciado o ano pasado, amplía a partir deste mes a sua oferta.

Seguense realizando duas rotas ao mes para maiores, organizando a partir de Xaneiro rotas temáticas e ampliando a oferta aos nenos. Concentración e saída desde a secretaria de turismo das Dunas de Gaifar ás 10,00h.

A antena ilegal ainda segue instalada en Priegue

Correo-e Imprimir PDF

BNG presentará unha moción para exixir a retirada da antena de telefonia móbel que ainda segue instalada en Condomínguez, Priegue, «sen nengun tipo de licencia urbanística municipal en sólo clasificado nas Normas Subsidiarias como Ordenanza 15, De Zonas Forestais e Ã?reas Agrestes».

A antena de 40 metros de altura, construída de forma ilegal o pasado 7 de setembro, xa foi desmantelada en parte debido, fundamentalmente, á presión realizada polos veciños da zona e o BNG.

Nigrán decide hoxe a sua posíbel integración no área metropolitana

Correo-e Imprimir PDF

normal_DSCN1349.jpgAvelino Fernández, portavoz do partido independente de Nigrán (PINN), anunciou onte que o seu grupo votará a favor da integración deste Concello no �rea Metropolitana de Vigo. O edil afirmou que «creemos que suporá un benefício importante para todos os veciños do noso município, incorporando unha emenda ao anteproyecto de lei de creación de dito ente».

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL