Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A antena ilegal ainda segue instalada en Priegue

A antena ilegal ainda segue instalada en Priegue

Correo-e Imprimir PDF

BNG presentará unha moción para exixir a retirada da antena de telefonia móbel que ainda segue instalada en Condomínguez, Priegue, «sen nengun tipo de licencia urbanística municipal en sólo clasificado nas Normas Subsidiarias como Ordenanza 15, De Zonas Forestais e Ã?reas Agrestes».

A antena de 40 metros de altura, construída de forma ilegal o pasado 7 de setembro, xa foi desmantelada en parte debido, fundamentalmente, á presión realizada polos veciños da zona e o BNG.

Sen embargo, segundo explica o concellal nacionalista, David Giráldez, a primeira que se instalou, duns 15 metros de altura, leva funcionando de forma totalmente ilegal dende febreiro do ano pasado. Este feito continua pese a haber un decreto da alcaldía, de finais de febreiro do 2003, no que se dispón a paralización das obras ilegais e no que se adverte da adopción dunha série de medidas cautelares para garantir a interrupción da actividade.

O BNG pedirá ao alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez o cumplimento imediato deste decreto.

www.lavozdegalicia.es