Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán instala as primeiras duchas públicas de prepago na praia de Patos

Nigrán instala as primeiras duchas públicas de prepago na praia de Patos

Correo-e Imprimir PDF
ducha-patos

A praia de Patos luce xa a primeira ducha de prepago de Nigrán. As polémicas duchas comezan así o seu proceso de instalación na costa nigranense a pesar do rexeitamento unánime da oposición. O colectivo de surfeiros e surfeiras das Rías Baixas que acuden á praia de Patos xa manifestaron o seu descontento no portal de surf galego SurfGZ.com  "Velaquí tedes o apoio do Concello de Nigrán ao surf nas Rías Baixas coa instalación das primeiras duchas de praia de pago nunha praia galega".

A rede de duchas de pre-pago están reguladas por unha recente ordenanza fiscal de Nigrán chamada "taxa por la prestación de un servicio de duchas y lavapiés", que contempla uns prezos de 0,50 euros (10 min), 1€ (20 min) e 2€ (40 min). O procedemento para poder utilizar ás duchas é a adquisición previa no concello dunha tarxeta electrónica na que o usuario debe facer unha precarga económica para poder utilizar logo nas citadas duchas. Os puntos de venta e recarga das tarxetas serán as oficinas de turismo (que ainda non abriron) e o concello de Nigrán.

"Outra vez vemos como os políticos locais soamente pensan nas praias con afán recaudatoiro privando aos riders da praia de Patos dun sistema público de duchas" son as protestas os surfistas no portal galego de surf. "Supoñemos que tamén instalarán este sistema nas duchas dos traballadores do Concello e do señor Alcalde", ironizan.

A praia de Patos e os surfistas

No caso de Patos, os usuarios que queiran facer uso das duchas públicas deberán desprazarse en horario de oficina até a oficina de turismo de Gaifar ou ó concello de Nigrán se queren adquirir ou recargar as tarxetas. Fora dos tres meses de verán, a única alternativa será a de acudir directamente ao concello en horario de oficina de luns a venres, xa que o resto do ano os puntos de información turística permanecen pechados.