Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán recibe o ingreso da subvención para as duchas pre-pago para as praias

Nigrán recibe o ingreso da subvención para as duchas pre-pago para as praias

Correo-e Imprimir PDF
Valverde ensina o xustificante de ingreso da subvención

O documento foi feito público onte polo concello a través dun comunicado onde se precisaba que o ingreso percibido responde á firma dun convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asinado o pasado mes de agosto para a instalación do sistema de pre-pago para as duchas públicas dos areais de Nigrán. 

O xeito de publicación da noticia espertou as críticas do PSOE pola publicación dos datos bancarios do concello. González considerou unha irresponsabilidade o xeito da publicación do documento e reafírmase na súa denuncia ante a fiscalía sobre unha presunta irregularidade no contrato.

O Concello de Nigrán recibiu onte o ingreso de Augas de Galicia por valor de 59.807,88 euros que financiará a posta en marcha do "sistema intelixente de aforro de auga" para as duchas públicas dos areais do concello. O goberno municipal firmou un convenio de colaboración o pasado mes de agosto coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para sufragar os gastos da instalación do novo servizo.

“Este documento demuestra la difamación llevada a cabo por los grupos de la oposición, que acusaban a este gobierno de realizar una contratación irregular, que llevaría a esta administración a asumir el pago de las nuevas duchas”, sinala o rexedor municipal, Alberto Valverde. Neste sentido, Valverde subliña tamén a súa incompetencia, "que en todo momento han hablado de pérdida de subvención cuando esta iniciativa es resultado de la firma de un convenio de colaboración con la MATI, no de la solicitud de una subvención", engade no comunicado.

Valverde insiste en que existe un informe elaborado polo técnico de contratación que ratifica a legalidade do proceso. “El plazo límite inicial para la instalación de las duchas fue postergado en dos ocasiones, tal y como recoge dicho informe, por lo que no ha habido incumplimiento ni por parte de la empresa, Beach Trotters, ni por parte de la administración, circunstancias ambas que se confirman con el ingreso realizado hoy por parte del organismo autonómico”.

O rexedor municipal non acepta as crícticas da oposición e denuncia abertamente a súas formas de facer política da oposición, "una oposición que basa su que hacer diario en la mentira, la manipulación y la demagogia, en lugar de trabajar por y para las personas que los han colocado donde están ...que es por y para lo que están aquí, no para engañarlos o generar desconfianza al intentar desacreditar sin fundamentos ni base alguna a este gobierno".

O concello aporta agora alguns datos sobre o suposto aforro do sistema. "a posta en marcha deste sistema permitirá aforrar até un 60%, reducindo o consumo de auga nas duchas das praias duns 7.500 metros cúbicos anuais até 3.000. "Esta iniciativa medioambiental no solo permitirá el ahorro de uno de los recursos naturales más valiosos y escasos, el agua, sino que fomentará un uso racional y eficiente del mismo, generando una concienciación colectiva sobre el ahorro del agua", explica Valverde.