Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán CxG organizou unha xornada voluntaria de limpeza na praia de Panxón

CxG organizou unha xornada voluntaria de limpeza na praia de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Bolsas co lixo acumulado recollido na praia de Panxón - CC BY CxG

Na pasada madrugada do sábado 11 de abril, os galeguistas organizaron unha recollida manual de plásticos e redes na praia de Panxón logo das súas críticas polo estado que presentaban os areais.

CxG recolleu 100L de lixo na praia de Panxón e prometen repetir a fazaña noutras praias do municipio nos próximos días. Jesús Recouso, representante da formación, xustificou a realización desta protesta “por responsabilidade civil, avisamos sobre o estado das praias e, se deciden non tomar medidas, como cidadáns non queremos as nosas praias deste xeito”. Nesta liña, asegurou que “por desgraza o importante non é o que sacamos senón o que queda atrás, e quedará, por falta de medios”. Así, o galeguista fixo un novo chamamento ao alcalde para que actuase sobre o estado dos areais e “evitar que os nenos xoguen entre moreas de botellas, coitelas de afeitar e cousas peores”. Ademais, fixo fincapé en que “non se trata só de motivos estéticos ou medioambientais, senón de salubridade e hixiene”.

Pese á gran cantidade extraída, renunciaron a retirar argazo e animais mortos por ser material biodegradable, que ao seu criterio, "require unha xestión especial".