Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Finalmente Costas remata as obras de rexeneración dunar en Praia Lourido.

Finalmente Costas remata as obras de rexeneración dunar en Praia Lourido.

Correo-e Imprimir PDF

Aproximadamente 2.250m2 da zona dunar de Praia Lourido foron acotados e preparados tras os traballos desenvolvidos pola Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. A intervención que se fixo baixo protesta do Concello de Nigrán tivo un custe de 6.700 euros. O Xefe Provincial de Costas, Cristóbal Fernández Vázquez, comunicou que a actuación intenta deixar a zona o máis parecida “ao seu estado orixinal”. O remate da intervención tivo lugar o pasado 7 de outubro, logo de que a devandita administración denegase unha solicitude do alcalde Alberto Valverde para que se paralizaran as obras e retirase a maquinaria por falla de aviso das mesmas ao Concello.

Segundo sinalou Costas a obra consistiu no retranqueo dunha senda en paralelo ao campo de fútbol cun ancho medio de 4,5 m e fóra do ámbito dunar; para garantir o acceso ás vivendas construíuse unha pequena rampla en xabre para conectala coa pista. Como protección do sistema dunar pechouse a nova zona con postes de madeira anteriormente levantados e con outros novos ata completar os 115 m de perímetro necesarios para evitar o paso eliminándose ademais os 75 m dun murete que pasaba polo medio da zona de protección.