Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A realización dunha carreira de cabalos en Praia América pon en risco a súa Bandera Azul en 2012.

A realización dunha carreira de cabalos en Praia América pon en risco a súa Bandera Azul en 2012.

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde izando a Bandeira Azul (foto de arquivo)

A bandeira azul que ostenta Praia América podería perderse no 2012 de celebrarse a anunciada carreira de cabalos do vindeiro domingo 2 de outubro. A advertencia foi formulada pola propia ADEAC, entidade cualificadora do programa "Bandera Azul", ao Concello de Nigrán, organizador do evento, mediante un escrito. A asociación lembrou ás autoridades municipais que "la presencia de animales domésticos en la playa está expresamente prohibida en los criterios Bandera Azul", segundo enuncia o apartado 14 da normativa. Ao tratarse dun criterio imperativo, o incumprimento do mesmo "conllevaría que el Jurado Nacional no pasase su candidatura a el Jurado Intenacional, por lo que no obtendrían la Bandera Azul 2012", sinalan. Pola súa banda, o Concello de Nigrán, que mantén o evento, xa convocou a unha rolda de prensa para anunciar os detalles da competención que terá premios por valor de 10 mil euros patrocinados, en parte, pola Deputación de Pontevedra .

No escrito, a ADEAC informa que en toda España a presenza de cans, cabalos e outros animais domésticos na praia está prohibida, "al considerarse indeseable sanitariamente". A conservación da bandeira azul, require que calquera actividade que implique o favoreza a presenza de animais teña autorización escrita da ADEAC. O comunicado remata cun rogo ás autoridades do municipio para que suspendan a competencia para "proteger nuestro litoral, cada vez más escaso y frágil".

A I Carrera de Caballos en Playa América - Nigrán, tamén espertou críticas dende a oposición. O PSOE de Nigrán, denunciou que a devandita competención non conta coa autorización da Dirección General de Costas . Os socialistas mostráronse preocupados polo "dano evidente que cabalos e xente farían na nosa praia e nas nosas dunas", nun evento que prevé congregar a miles de persoas. Por outra banda, o seu portavoz Juan González, lamentou que eses cartos non se acheguen aos veciños de Nigrán que se ven afectados pola diminución dos servizos socias, como no caso das actividades deportivas e culturais. Neste sentido, a agrupación socialista presentará a súa oposición ao evento  no vindeiro pleno da corporación municipal.

Pola súa banda, o alcalde popular Alberto Valverde en declaracións ao xornal La Voz de Galicia, informou que o escrito de Costas "no pone prohibido en ninguna parte". E agregou que as trabas impostas dende esa Dirección responden a "una cuestión política", en alusión a que esta responde ao goberno central do PSOE.