Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde de Nigrán intenta deter unha intervención de Costas nas dunas de Monte Lourido.

O alcalde de Nigrán intenta deter unha intervención de Costas nas dunas de Monte Lourido.

Correo-e Imprimir PDF
Valverde denuncia a desfeita dun camiño tradicional de Lourido por mor das obras de Costas.
  • A Dirección Provincial de Costas comezou unha intervención que desprazará o acceso ao peirao de Lourido ata achegalo a beira do campo de fútbol.
  • O alcalde de Nigrán, pide a paralización das obras  e o abandono da zona por parte da empresa adxudicataria ata que se informe ao Concello as actuacións a desenvolver.
  • O Delegado Provincial de Costas asegurou que as obras non se paralizarán e que o Concello de Nigrán foi informado hai un mes.

Unha actuación consistente en ampliar a zona de recuperación dunar en Monte Lourido enfronta novamente ao alcalde de Nigrán co xefe provincial de Costas. Na tarde deste mércores 5 de outubro, o alcalde Alberto Valverde solicitou a detención dos traballos e o retiro da maquinaria e persoal da empresa adxudicataria da zona de intervención. Nembargante, Cristobal Fernández Vázquez, delegado provincial de Costas, afirmou que os traballos continuarán ata o seu remate.  Valverde aduce falla de aviso da devandita intervención por parte de Costas á administración municipal. O rexedor non reparou en cualificar o incidente   como "nuevo ataque institucional" ao municipio. Pola súa banda, Cristobal Fernández asegurou que Valverde foi informado "in situ", dos traballos a desenvolver, sendo ademais consultado sobre posibles incidencias o pasado 31 de agosto.

A actuación consistente en ampliar a zona de recuperación dunar á altura do campo de fútbol do Monte Lourido.  Segundo informan dende Costas, se desprazará o acceso ao peirao de Lourido ata achegalo a beira do campo de fútbol. O obra, cualificada como "menor" por parte da administración nacional, implica a derriba dun muro que atravesaba a zona afectada e dividía a zona protexida. Consultado sobre a carencia de aviso ao Concello de Nigrán, Fernández sinalou que trátase dun territorio baixo xurisdición de Costas, nembargante, Valverde foi informado hai un mes das obras no propio lugar. Fernández agregou que nesa ocasión, consultoulle a Valverde se ese camiño estaba afectado por algunha servidume de paso, o que advirte, foi negado por este.  Ata esta tarde, Fernández non había recibido ningunha comunicación do Concello, pero si unha chamada telefónica da empresa adxudicataria.

Horas antes, unha nota de prensa do municipio advertía que a "empresa TRAGSA ha empezado unas obras con maquinaria sobre la zona de las duna de Monte Lourido (Playa América) sin tan siquiera avisar al Concello de esa actuación". No mesmo escrito logo de informar dun pedido de paralización das obras e retirada da maquinaria na zona, Alberto Valverde aseguraba que tratábase dunha acción que ía en "contra del proyecto de recuperación dunar que el ayuntamiento envió a Costas este mismo lunes", cunha adxudicación de 50.000€ concedida pola FEMP en 2010.  O devandito proxecto afectaría unha restauración do ecosistema dunar das praias de Panxón e Praia Lourido (América). Pola súa banda, o responsable provincial de Costas, asegurou non ter coñecemento do devandito proxecto, pero asegurou que estes traballos non afectan de ningunha maneira o proxecto xeral. Con respecto á iniciativa municipal, que di ter presentada Valverde, Fernández puntualizou que deberá ser estudada e aprobada pola súa Dirección, antes de calquera intervención.

Nun marco de enfrontamento entre ambas administración orixinado pola prohibición de Costas da carreira de cabalos que ía se desenvolver a pasada fin de semana, Valverde acusou a Fernández de "falta de lealtad y de respeto", e preguntoulle publicamente se estas actuacións supón un "revanchismo" polas acusación feitas polo goberno de Nigrán na oportunidade. Ao respecto, Fernández dixo que "é a primeira vez na historia que un alcalde se opón a que a súa Dirección faga obras de mellora no seu municipio".

Por outra parte, o PSOE de Nigrán, a través do seu portavoz o concelleiro Juan González sinalou que " Alberto Valverde en vez de celebralo e aplaudir a decisión de Costas lanza un órdago totalmente insensato e mais parece unha rabieta dun neno pequeno que dun Alcalde e demostra cal é a postura real de este goberno polo proxecto de recuperación dunar en Lourido xa que sobre as dunas e sobre o areal permitiu concertos, fogueiras, espectáculos aéreos quixo facer correr cabalos e agora, froito da pataleta e ignorancia, pretende paralizar a recuperación dunar en Nigrán."