Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP de Nigrán cualifica como enfermizas e ofensivas as acusacións do socialista Juan González

O PP de Nigrán cualifica como enfermizas e ofensivas as acusacións do socialista Juan González

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde e Miguel Villar en Vilariño

Alberto Valverde, presidente do PP de Nigrán cualificou como "enfermizas e ofensivas" as acusacións vertidas este fin de semana por Juan González, 1º Tenente de Alcalde do Concello de Nigrán, quen acusou os populares de practicar unha "política miseria", por utilizar a Asociación de Veciños A Unión da Ramallosa para os seus fins políticos.

González afirmou nun comunicado que Valverde xunto a José Álvarez, presidente da devandita comisión de veciños, asinaran unha nota de prensa en conxunto atacando a falta de xestión do goberno municipal na zona. Todo isto a 24 horas de que o equipo Efrén Juanes se presentase na asociación veciñal para dar conta da súa xestión.

Valverde remitiu a Valminor.info o comunicado orixinal onde non aparece a firma do José Álvarez, quen á súa vez xa negara tela colocado, nun diálogo con esta redacción.

Valverde efectivamente concorreu á parroquia de Vilariño, conxuntamente co tamén concelleiro Miguel Villar (PP) e o propioÁlvarez, a prol de conversar cos veciños do lugar. Unha vez realizado o percorrido foi redactado ese comunicado que espertou a ira de Juan González.

As suspicacias xurdiron pola condición de popular de Álvarez, candidato nas listas do PP e á vez, presidente da Asociación de Veciños A Unión. Por banda, non é a primeira vez que populares e socialistas cruzan acusacións a través de comunicados de prensa, ao mesmo tempo que manteñen unha política de gobernabilidade en temas fundamentais como o Plan Xeral de Organización Municipal e o Parque Empresarial Porto do Molle.