Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Concello de Nigrán acusa ao PP de facer "política miseria".

O Concello de Nigrán acusa ao PP de facer "política miseria".

Correo-e Imprimir PDF
O goberno local acusa ao PP de utilzar á entidade veciñal

A 24 horas dunha reunión informativa do Alcalde de Nigrán, Efrén Juanes, cos veciños de A Ramallosa no local da Asociación de Veciños A Unión, o PP e o Concello libran unha batalla de comunicados de prensa.

"O PP utiliza á Asociación de Veciños de A Unión de San Pedro para facer política miseria ante a súa incapacidade como oposición e a desaparición de Alberto Valverde da vida pública de Nigrán" , afirmou nun comunicado librado dende o Concello o 1º Tenente de Alcalde Juan González Pérez.

A misiva ten orixe noutro comunicado de data 12 de novembro, asinado conxuntamente polo PP de Nigrán e a directiva da devandita asociación, onde acusan ao Concello de Nigrán de non facer caso as súas peticións e non instalar marquesiñas nas rúas Padres Franciscanos, Manuel González Prado e Cruceiro de San Pedro, así como na Avenida de Portugal, fronte ao Instituto Proval.

Juan González acusa a José Antonio Álvarez, presidente da asociación veciñal e membro da executiva e da lista do PP ás elección municipais, de confundir a defensa dos intereses dos veciños da parroquia cos dun partido político.

Os feitos

O pasado venres 5 de novembro a Asociación de Veciños "A Unión" presentou por rexistro de entrada nº 14.513 a petición da colocación de marquesiñas nas citadas rúas.

Un día despois, o Concello de Nigrán comunica aos solicitantes que "as rúas Padres Franciscanos, Manuel González Prado e Cruceiro de San Pedro son estradas da rede provincial e polo tanto o seu mantemento e colocación de mobiliario urbano correspóndelle á Deputación Provincial de Pontevedra." Así mesmo o concello informa do traslado do escrito de solicitude da asociación veciñal á Diputación de Pontevedra para que sexa tida en conta.

No tocante á Avda. de Portugal, o concello sinala que "a problemática ven sendo a mesma" xa que se trata dunha estrada de titularidade autonómica engadindo que o Concello mantén reunións periódicas coa AMPA e a Dirección do centro e que "xa se teñen remitidos esta e outras peticións á Xunta de Galicia trasladando o problema.”

O xoves 11 de novembro o Concello de Nigrán remite escrito ao Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, trasladando a inquedanza e necesidade da instalación destas marquesiñas. E o mesmo día ao Conselleiro de Territorio, Medio Ambiente e Infraestructuras, Agustín Hernández e a Directora Xeral de Infraestruturas Ethel Vázquez Mourelle, pola Avda. Portugal (estrada A Ramallosa - Gondomar).

O venres 12, o Partido Popular de Nigrán e a asociación veciñal percorren conxuntamente os puntos e realizan unha nota de prensa acusando ao goberno de Nigrán de non escoitar nin dar repostas as súas peticións da instalación das marquesiñas.

O sábado 13, o Concello de Nigrán emite un comunicado de prensa acusando ao Partido Popular de intentar "empañar" unha reunión informativa cos veciños que o Concello realizará o próximo domingo 14 de novembro ás 12 horas, no local da Asociación de Veciños "A Unión". O comunicado agrega que "a cortina de fume das catro marquesiñas, que por certo deben instalar as administracións gobernadas polo PP como son a Xunta e a Deputación, non vai empañar a labor de compromiso dos últimos anos coa parroquia de San Pedro da Ramallosa."