Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán A asociación de veciños A Unión desminte o comunicado do Concello de Nigrán.

A asociación de veciños A Unión desminte o comunicado do Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
AAVV A Unión de San Pedro

A asociación de Veciños A Unión de San Pedro de A Ramallosa desminte ao 1º Tenente de Alcalde, Juan González, quen afirmou onte nunha nota aos medios, que a directiva asinara un comunicado de prensa conxunto co Partido Popular.( ler artigo relacionado)

As declaracións de González implicaban persoalmente ao presidente da asociación veciñal, José Álvarez Valverde, acusándoo de confundir os seus intereses como candidato das listas do PP, coa súa función de dirixente veciñal.

José Álvarez, afirmou a Valminor.info que endexamais asinou declaración algunha ou comunicado de prensa, nin só nin co Partido Popular. O que se fixo, afirmou Álvarez, foi un percorrido por Vilariño, xunto ao concelleiro Alberto Valverde (PP), para amosarlle os lugares onde os veciños reclaman a colocación de marquesiñas e o estado de situación das estradas, así como os restos de podas atopados xunto aos contenedores de lixo.

Ao mesmo tempo, o dirixente veciñal aportou copia do escrito presentado no Concello de Nigrán, con data 4 de novembro, no que solicitan a colocacións das marquesiñas na rúa Manuel González Prado á altura do nº6, outra en el Cruceiro de San Pedro, unha terceira frete ao Colexio de Vilariño (rúa Padres Franciscanos) e outra ao final da mesma rúa, na Xesteira. A fin destas peticións, segundo o documento, é protexer aos estudantes na tempada de choivas.