As asociacións de veciños e as asociacións ecoloxistas tomán protagonismo o vindeiro sábado en Nigrán.
Salvemos Monteferro convoca a súa presentación pública no que se exporá a situación actual en Monteferro.
Por unha banda as asociacións de veciños de Nigrán teñen planificado concentrarse ás 12 h ante as portas do Concello de Nigrán en mostra de protesta á negativa, por parte do goberno municipal, a que se lles informe respecto do futuro PXOM.
Os representantes da maior parte das asociacións de veciños de Nigrán introduciron o día 20 de febreiro no rexistro municipal unha carta dirixida ao alcalde no que lle solicitaban que informe sobre o plan xeral durante este mes de febreiro.