Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O movemento cidadán tomará protagonismo este sábado en Nigrán

O movemento cidadán tomará protagonismo este sábado en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
http://www.salvemosmonteferro.org

As asociacións de veciños e as asociacións ecoloxistas tomán protagonismo o vindeiro sábado en Nigrán.

Salvemos Monteferro convoca a súa presentación pública no que se exporá a situación actual en Monteferro.

Por unha banda as asociacións de veciños de Nigrán teñen planificado concentrarse ás 12 h ante as portas do Concello de Nigrán en mostra de protesta á negativa, por parte do goberno municipal, a que se lles informe respecto do futuro PXOM.

Os representantes da maior parte das asociacións de veciños de Nigrán introduciron o día 20 de febreiro no rexistro municipal unha carta dirixida ao alcalde no que lle solicitaban que informe sobre o plan xeral durante este mes de febreiro.

As entidades que asinaron o comunicado son as de Outeiro de Parada, Monteferro de Panxón, A Unión de San Pedro, A Camoesa, Ou Castro de Chandebrito, A Irmandade de Priegue, Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo de Panxón.

Segúndo fontes consultadas a finalidade desta concentración "é facerlle ver ao goberno local que os veciños de Nigrán tamén teñen que ser parte nas negociacións e redacción deste novo PXOM xa que moitas parroquias levan anos sufrindo paralizacións e prexuizos polas espectativas do devandito plan. "

Salvemos Monteferro preséntase ao público.
Salvemos Monteferro, a asociación cidadá constituída para a protección do medio natural de Monteferro, fai un convocatoria pública a todos os veciños e veciñas e asociación colaboradoras que queiran informarse e tomar parte activa no movemento.

Na presentación Salvemos Monteferro pretende facer un percorrido pola situación que rodea á peninsula miñorana de Monteferro, exporanse os motivos fundados que levaron a constiuilos así como unha axenda das actividades planificadas pola plataforma.

O acto terá lugar o sábado día 18, ás 18:00 horas, no Instituto Val Miñor de Nigrán (IES Val Miñor), Rúa Paradellas 15.