Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Cultura organiza un taller de fabricación de libros para os máis mozos

Cultura organiza un taller de fabricación de libros para os máis mozos

Correo-e Imprimir PDF
A concellaría de Cultura de Nigrán poñerá en marcha un taller de fabricación de libros durante as visitas dos escolares á biblioteca municipal. Esta campaña vai dirixida aos nenos de educación infantil e primaria que se atopen escolarizados no municipio e o Concello facilitará o desprazamento así como o material necesario. Por outra banda, mañá un grupo de nenos realizará unha excursión ata Vigo para visitar o museo Marco. A saída está prevista para as dez da mañá desde a oficina de Turismo e para poder participar hai que inscribirse previamente. A entrada custa un euro.