Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O propietario de Laxe pagou o asfaltado do seu peto

O propietario de Laxe pagou o asfaltado do seu peto

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
O propietario da vivenda da rúa Laxe á que facía referencia a información publicada onte, Fernando Estévez, afirmou que pagou do seu propio peto as obras de asfaltado do camiño da súa propiedade. Este veciño negou recibir ningún trato de favor por parte de ningún membro do equipo de goberno para acondicionar a entrada á súa vivenda.

O Concello de Nigrán contratou as obras de asfaltado na rúa Laxe de Parada. Fernando Estévez declarou que, aproveitando que os operarios atopábanse xa traballando no lugar púxose de acordo coa empresa encargada de realizar as obras para repoñer o firme da entrada á súa casa. Deste xeito conseguiu pactar un prezo moito máis ventajoso ao estar xa na zona toda a maquinaria. Declarou que non ten ningún tipo influencia no goberno municipal.

Continúa en http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?TEXTO=4544390