Luns, 5 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Nigrán

Nigrán

Avelino Fernández sospeita que hai especuladores no municipio

Correo-e Imprimir PDF

O líder do PINN cre que non informar do documento á corporación foi un erro político.
O portavoz do Partido Independente de Nigrán, Avelino Fernández, cualificou onte como «un erro político» a decisión do alcalde de remitir o plan xeral á Xunta para o seu informe previo sen dalo a coñecer antes aos membros da corporación. O líder do grupo da dereita máis votado de Nigrán afirmou que este feito «foi unha desconsideración cara aos corporativos e especialmente cara a nós, que somos os seus socios de goberno».

O BNG considera un despropósito a adxudicación das obras anuladas

Correo-e Imprimir PDF
O edil do BNG de Nigrán, Xan Lois Cabreira, considera un despropósito que o goberno adxudique as obras que foron anuladas pola consellería de Medio Rural, posto que a Xunta xa non poderá financialas.

Os nacionalistas critican que os regidores locais non foron capaces de conseguir investimentos significativos da Xunta en dous anos e medio e que ahore protesten pola anulación dunhas obras licitadas tres días antes das eleccións autonómicoas. O BNG  recorda que o pago ía realizarse en tres anualidaes e pregúntanse se ía haber que esperar ata o 2007 para reparar os desperfectos nos viales polas obras de saneamiento.

O PSOE pide transparencia na tramitación do PXOU

Correo-e Imprimir PDF
 Grupos económicos vinculados co sector inmobiliario están comprando terreos en determinadas zonas do Concello de Nigrán a poucos meses da aprobación do plan xeral. Esta situación fai sospeitar ao grupo municipal socialista que poidan dispoñer de información privilexiada sobre posibles recalificaciones de terreos. 

O ex-alcalde de Nigrán, Manuel Rial Cadaval, esixiu onte ao goberno municipal a máxima transparencia na tramitación do plan para acabar coa desconfianza que xerou entre os veciños a falta de información pública sobre este documento.

Nigrán reclama a Baiona o abono de 100.000 euros polo trasvase de auga

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Baiona deberá afrontar un importante gasto por mor da seca do pasado verán. O Concello de Nigrán reclámalle o abono de 100.000 euros polo fornezo de auga entre os meses de marzo e agosto. O apoio do municipio, a través do que a vila real recibiu auga procedente do embalse vigués de Zamáns, impediu que a presa de Baíña secásese por completo.

Medio Rural abre unha investigación en Monteferro ante unha nova tala

Correo-e Imprimir PDF
Panorámica de Nigrán con Monteferro en primer planoA comunidade de montes arrasa unha parte da contorna de Serra e asegura que dispón de permisos.
 Alejos: "Hai que pelar ou monte porque a madeira está podre"

A polémica urbanística de Monteferro crece cada día. As discrepancias políticas sobre o proxecto do amplo vial de acceso á cima e a tala ilegal do Rapón deixan paso agora a un novo conflito. 
A comunidade de montes da zona cortou todas as árbores dunha parcela da zona de Serra, na párte norte do monte. Aínda que o presidente da sociedade mancomunada, Manuel Alejos, asegura que dispón de permisos para levar a cabo devandita tala, a Consellería de Medio Rural iniciou unha investigación sobre o asunto.
As normativas da administración autonómica e do concello prohiben a curta de arbolado se non se realiza por entresaca ou mondado.

Corenta veciños recorren o proxecto do xeriátrico de Panxón

Correo-e Imprimir PDF
Un total de 40 veciños asinaron as 17 alegaciones presentadas en contra da construción dun geriátrico privado fronte á praia Madorra. O proxecto está promovido pola Fundación San Rosendo e o alcalde está disposto a outorgar a licenza a pesar do rexeitamento social que xerou, a tallante oposición dos seus socios de goberno do PINN e as dúbidas existentes sobre a súa adaptación ás normas urbanísticas. 

O edificio previsto ten unha altura de 11,98 metros e a parcela está dentro da ordenanza número 6, onde só se permiten vivendas dunha altura máxima de 6 metros. Os técnicos municipais xa se pronunciaron en contra do proxecto no ano 2002 e agora o regidor, Alfredo Rodríguez, quere facer valer outros informes realizados por especialistas alleos ao Concello e pagados pola Fundación San Rosendo para xustificar o permiso municipal.

Nigrán vai por libre contra a Xunta

Correo-e Imprimir PDF

Aliñación centradaPedirá ao Goberno autónomo que lle reembolse os 215.000 euros que vai investir. 
Nigrán foi o primeiro concello de Galicia en rebelarse contra a Consellería do Medio Rural pola anulación dos convenios asinados polo Goberno de Fraga. As obras que estaban comprometidas neste municipio pontevedrés, se non se fan polas boas faranse polas malas. Así o determinou onte o seu alcalde, Alfredo Rodríguez Millares, do PP, ao asinar os decretos para adxudicar os traballos por vía de urxencia. 

O goberno local planifica a ampliación de Bernardo Vázquez

Correo-e Imprimir PDF
O concelleiro de Vías e Obras, Antonio Fernández, afirmou que unha das próximas prioridades do goberno será levar a cabo a ampliación da rúa Bernardo Vázquez ata os 16 metros de ancho. Esta actuación foi demandada polo BNG no último pleno. "O plan xa existía fai máis dun ano e sobre o citado vial xa viña actuando o goberno municipal desde fai meses", manifestou onte o primeiro tenente alcalde. As obras realizaranse cando finalicen os traballos que se están executando nun tramo para a reposición de servizos de saneamiento, abastecimiento e pluviales.

O goberno cre axustado o proxecto de Monteferro e non o cambiará

Correo-e Imprimir PDF
O goberno municipal de Nigrán non vai variar o proxecto de mellora dos accesos a Monteferro. O edil de Novas Infraestructuras, Antonio Fernández Comesaña, afirmou que as medidas calculadas para a rotonda e o ensanche do vial ata o alto son as máis apropiadas para unha zona que é visitada por miles de persoas cada ano.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL