Se lle fascinan as cousas feitas con LEGO, amárrese ben ao asento e mire este vídeo porque esta obra de enxeñería vaino deixar coa boca aberta.
Ciencia e tecnoloxía - Val Miñor
Cal é a praia máis quente do Val Miñor?
-Unha nova web permite saber a temperatura das augas das praias galegas. E hai sorpresas.
-A aplicación achéganos a información que dende a popular Praia de Patos en Nigrán até a Cuncheira en Baiona a tarde de baños gozará dunha temperatura de 15,5º promedio.
O galego, o eúscaro e o catalán están en perigo de extinción dixital
A rede europea META-NET alerta fronte ao perigo que supón para as linguas minoritarias a falta de adaptación tecnolóxica á sociedade da información.
As novas tecnoloxías proporcionaron novos espazos para a expresión de culturas minoritarias, pero a súa capacidade "homoxeneizadora" tamén pon en perigo a diversidade. Sobre este risco alerta o último informe de META-NET , unha rede europea formada por 60 centros de investigación de 34 países creada para axudar a pór os cimentos tecnolóxicos dunha sociedade da información europea multilingüe.
O novo corrector Imaxin Galgo 2.0 de galego xa está dispoñible para a súa descarga gratuíta.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística xa ten dispoñible para descargar o corrector de galego 'Imaxin Galgo 2.0', unha ferramenta que adiantan "facilitará" o uso do galego dentro das novas tecnoloxías. Trátase do primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar en textos escritos en galego.
Guía para sobrevivir a un ataque en internet
A Fundación de Fronteras Electrónicas publica unha serie de consellos para axudar a webs pequenas e independentes a evitar os ataques distribuídos de denegación de servizo ou DDoS.
O Alg-a Lab acolle a Feira Imaxinaria Contemporánea 2012.
Colectivos vencellados á ciencia, a cultura e as novas tecnoloxías amosarán na veciña parroquia de Valadares as súas últimas achegas e proxectos na Feira Imaxinaria Contemporánea 2012. O evento propiciará unha "residencia colectiva" do 23 ao 26 de agosto de creadores e investigadores destes eidos nas instalacións do Alg-a Laboratorio, situado no Camiño da Igrexa, 254. Nas xornadas compartiranse obradoiros e instancias de divulgación de diversos proxectos nun marco de convivencia onde non faltarán anacos para as representacións artísticas e o lecer.
“A informática é unha profesión de xente brillante”
Sir Tony Hoare, que recibiu o ‘nobel’ de computación en 1980, defende a “enorme contribución da tecnoloxía” ao desenvolvemento do resto de ciencias.
Se Tony Hoare fose físico, químico ou biólogo tería un premio Nobel, ademais dun título de sir. Como é informático, o que ten é un premio Turing, que é a maior distinción das ciencias da computación pero tan descoñecida para o gran público como o é, tristemente, o extraordinario matemático que lle dá nome. Alan Turing é o pai da intelixencia artificial, e non é esaxerado dicir que o seu traballo, ao descodificar as mensaxes encriptados das complexas máquinas nazis Enigma, foi decisivo para que os aliados gañasen a II Guerra Mundial. A súa vergoñosa morte tras ser condenado por sodomía, ao recoñecer a súa homosexualidade, só agrandou a súa lenda na comunidade científica.
Google fai nevar no monitor
Google lanzou unha función do seu buscador para que neve. Só hai que escribir as palabras "Let it snow" (que chegue a neve, en inglés) no buscador para comece a nevar na pantalla.
Un sistema para controlar o ordenador co corpo gaña o primeiro premio da ‘Galiciencia’
O dispositivo iKinect, que permite controlar o ordenador cos movementos do corpo sen necesidade de usar o rato e o teclado foi o gañador absoluto da 'Galiciencia 2011', organizado por Tecnópole e que conta co apoio da Consellería de Economía e Industria. Este proxecto foi o vencedor na categoría de 2º ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores nas categorías de 1º ciclo da ESO e Bacharelato. Martín Alvarez, Adrián González e Luis Rodríguez, do IES O Couto (Ourense), adaptaron a cámara da videoconsola Xbox para que permitise unha interacción total do usuario cos controis de calquera ordenador.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL