Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Ciencia e tecnoloxía Tecnoloxía Cal é a praia máis quente do Val Miñor?

Cal é a praia máis quente do Val Miñor?

Correo-e Imprimir PDF
costa-litoral-nigran

-Unha nova web permite saber a temperatura das augas das praias galegas. E hai sorpresas.
-A aplicación achéganos a información que dende a popular Praia de Patos en Nigrán até a Cuncheira en Baiona a tarde de baños gozará dunha temperatura de 15,5º promedio.

Chega o verán e, con el, as visitas ás praias. Galicia ten fama de ter fermosos areais pero augas moi frías. Sen embargo, non sempre é así. Unha nova web, playas.ieo.es, permite coñecer en tempo real a temperatura das praias galegas.
E hai sorpresas. O litoral da Costa da Morte e de Ortegal é o máis frío do País, con temperaturas, nestes días, de 13º. Pero, as augas máis cálidas tamén están no norte e non nas rías baixas coma se soe pensar. Así, o litoral máis oriental da Coruña e parte da Mariña Lucence é o máis quente de Galicia. As súas augas están entre 16 e 17º. Pola contra, nas Rías Baixas a temperatura é de entre 14 e 15º, e, nalgúns puntos, como o litoral de Oia, baixa a 13º.
Esta web analiza as temperaturas do mar a 1 metro de profundidade. Os datos proceden dunha configuración operacional do modelo numérico ROMS, executada polo Grupo de Modelado do Instituto Español de Oceanografía do Centro Oceanográfico da Coruña. A temperatura da auga de cada praia obtense da celda máis próxima do modelo.
Información recollida do artigo "Cal é a praia máis quente de Galicia? do xornal colaborador Galicia Confidencial.