Venres, 22 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Presentación do libro Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio.

Correo-e Imprimir PDF

tafallcapaMañá martes 14 de decembro ás 20:30h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) terá lugar a presentación do libro "Osorio-Tafall. Un científico e político galego no exilio" do que é autor o profesor Xosé Francisco Pardo Teijeiro.

Desfile da moda miñorana na Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
azzaro-modaHoxe venres ás 23 horas a moda miñorana dáse cita na Ramallosa cun desfile de modelos (elas e eles tamén miñoráns) no pub Azzaro. Un grupo de empresas da bisbarra presentarás as súas coleccións de calzados, vestidos, roupa e accesorios surf, estética e perruquería, traxes de noivas e o enxoval, e moitas cousas máis. A entrada é gratuíta.

Presentación de Máxico Circus Cabaret en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

880-4850-a-cayetano_lledo“Máxico Circus Cabaret” é un espectáculo de ilusionismo teatral para todos os públicos. Un espectáculo cunha estética moi coidada que inclúe números de maxia musical, comedia, manipulación de cartas, malabarismo de contacto, clown, levitaciones, cambios de vestiario, humor, mentalismo e hipnose. Esa é a proposta que o mago vigués Cayetano Lledó, un dos novos valores do ilusionismo galegos, achegará a Gondomar o vindeiro sábado 11. a actuación, no marco da II Mostra de Maxia do Concello de Gondomar, será ás 22.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas venderanse unha hora antes en taquilla ao prezo de 3.5 euros.

Los del Barro en A Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
Los_del_barroO pub Azzaro invita ao concerto da banda de pop – rock español Los del Barro. A cita é as 23:30 horas no local de Avenida Portugal na Ramallosa. A entrada é gratuíta.

Mª Goretti Fariña recibirá o III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

III Premio de poesia Victoriano TaiboO vindeiro sábado 11 de decembro, nos locais da Escola de Guillufe (Morgadáns) terá lugar a entrega do III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. A gañadora do certame Mª Goretti Fariña recibirá de mans de Urbano Esmerodes, presidente da Entidade Local de Morgadáns o cheque de 3000€ co que está dotado o premio. Ademais, a escritora recibirá a escultura conmemorativa deste evento, obra do artista Fino Lorenzo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL