Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Mª Goretti Fariña recibirá o III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor de Morgadáns.

Mª Goretti Fariña recibirá o III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
III Premio de poesia Victoriano Taibo

O vindeiro sábado 11 de decembro, nos locais da Escola de Guillufe (Morgadáns) terá lugar a entrega do III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. A gañadora do certame Mª Goretti Fariña recibirá de mans de Urbano Esmerodes, presidente da Entidade Local de Morgadáns o cheque de 3000€ co que está dotado o premio. Ademais, a escritora recibirá a escultura conmemorativa deste evento, obra do artista Fino Lorenzo.

Neste acto o Instituto de Estudos Miñoranos (creador deste evento literario), presentará o libro "Devastacións dispoñibles", a obra premiada de Mª Goretti Fariña. A presentadora da entrega do premio será Araceli Gonda e contarse coas intervencións de Marta Dacosta, o alumnado infantil do CRA Antía Cal o grupo Non si? Teatro, e o grupo de gaitas Balcón do Miñor.

Ao final haberá un albaroque de confraternidade entre todo os participantes. A entrada é libre e gratuíta.