Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Presentación de Máxico Circus Cabaret en Gondomar

Presentación de Máxico Circus Cabaret en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
880-4850-a-cayetano_lledo

“Máxico Circus Cabaret” é un espectáculo de ilusionismo teatral para todos os públicos. Un espectáculo cunha estética moi coidada que inclúe números de maxia musical, comedia, manipulación de cartas, malabarismo de contacto, clown, levitaciones, cambios de vestiario, humor, mentalismo e hipnose. Esa é a proposta que o mago vigués Cayetano Lledó, un dos novos valores do ilusionismo galegos, achegará a Gondomar o vindeiro sábado 11. a actuación, no marco da II Mostra de Maxia do Concello de Gondomar, será ás 22.00 no Auditorio Municipal Lois Tobío. As entradas venderanse unha hora antes en taquilla ao prezo de 3.5 euros.

 

 

Teatro, danza, expresión corporal, clown, comedia, malabarismo de contacto ou pantomima son algunhas das disciplinas que manexa Cayetano Lledó. A súa gran ambición artística é, desde sempre, mesturar as diferentes vertentes do teatro de variedades nun só espectáculo. Deste xeito recolle todo tipo de propostas de escena para non só amosar diversión, senón tamén satisfacer unha maior pluralidade de gustos.

 

A mostra de maxia forma parte da programación de outono da Concellería de Cultura, departamento dirixido por Ignacio Troncoso. O certame conta coa colaboración do Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais, organismo da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.