Desfile da moda miñorana na Ramallosa
Hoxe venres ás 23 horas a moda miñorana dáse cita na Ramallosa cun desfile de modelos (elas e eles tamén miñoráns) no pub Azzaro. Un grupo de empresas da bisbarra presentarás as súas coleccións de calzados, vestidos, roupa e accesorios surf, estética e perruquería, traxes de noivas e o enxoval, e moitas cousas máis. A entrada é gratuíta.