Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xornada de estudo e reflexión sobre a enerxía eólica convocada pola Plataforma en Defensa do Galiñeiro.

Xornada de estudo e reflexión sobre a enerxía eólica convocada pola Plataforma en Defensa do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
Serra do Galiñeiro

A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro convoca para este sábado 25 de febreiro a unha XORNADA DE ESTUDO E REFLEXIÓN SOBRE A ENERXÍA EÓLICA. O encontro terá lugar no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Reitorado), na Rúa Areal nº 46, en Vigo. De 17 a 20 horas desenvolveranse unha serie de palestras para dende as 20 ás 21 horas pasar a unha mesa redonda coa participación dos asistentes.

No evento unha serie de expertos disertaran sobre os beneficios económicos da enerxía eólica, a avaliación do impacto ambiental desta enerxía e a implantación da enerxía eólica en Galicia. Farase unha comparativa co caso da Comunidade Valenciana para posteriormente e xa en mesa redonda confrontar a explotación eólica por empresas multinacionais coa explotación da enerxía eólica como enerxía alternativa fronte aos combustibles actuais non renovables.

RELATORES

  • Charla: EMILIO MENÉNDEZ. Universidade Autónoma e Politécnica de Madrid. – ENERXÍA EÖLICA EAVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL.
  • Charla: DAMIÁN COPENA. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo - A ECONOMÍA DA ENERXÍA EÓLICA E SOBRE A GUÍA PARA PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POR PARQUES EÓLICOS.
  • Charla: XOSÉ VEIRAS. Verdegaia - A IMPLANTACIÓN DA ENERXÍA EÓLICA EN GALICIA.
  • Charla: MARIANO TOMÁS. Activista do movemento "Contra parques eólicos de Valencia" – A LOITA VALENCIANA CONTRA PROXECTOS DE ENERXÍA EÓLICA.
  • Charla: IVÁN NOVOA. Técnico instalador de enerxías renovables –EÓLICOS DE PEQUENA POTENCIA E USOS COMPLEMENTARIOS DOS RECURSOS ENERXÉTICOS.
  • Charla: PAULA VIDAL. Amigos da Terra - A EXPERIENCIA DO CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL "AS CORCERIZAS".